Publicacións

Calagraña: Unha maravilla de traballo no estaleiro de Lorbé

Imaxe
No estaleiro de Pepe en Lorbé, levan uns meses traballando no veleiro Calagraña.  Desmontaron e botaron nova toda a cuberta, en madeira de iroko sobre contrachapado marino. A caseta da ponte está feita en iroko e samanguila. Nestes momentos xa están moi avanzados os traballos e xa lle deron varias máns de aceite de teka á cuberta. Como podedes ver nestas fotos está quedando moi pero que moi ben. E ainda lle falta por colocar os portillos, e traballar no interior. Fixádevos que detalles tan bonitos dos soportes para os winchs, as portas de peche da caseta, os cuarteis, a caña do temón, etc.. Podedes ver máis información sobre este traballo na páxina web do Estaleiro de Lorbé. Palmeirán

A Desexada adianta a sua viaxe a Lorbé

Imaxe
Pois, sí, debido ó percance que sufreu esta pasada semán, tivemos que adiantar a varada da Desexada en Lorbé. Estaba previsto que fose sobre o mes de maio para preparala para o Encontro do Freixo, pero xa a temos alí. O problema é que agora estamos centrados na Balbina e terémola que deixar alí tapadiña ata que teñamos tempo de traballar nela. Este sábado en canto chegou, lle limpamos as barbas e a deixamos tapada. Palmeirán

Unha de cal e dúas de area

Imaxe
Pois se fai uns días dábamos unha boa nova por ter chegado na web oficialmente ás 20.000 visitas, agora toca unha mala. Xa era raro que os temporais non fixeran algún estrago na flota patexeira, este ano. Seguro que moitos xa o estábades esperando, porque claro, Os Patexeiros somos máis chulos que ninguén e pretendemos desafiar a Neptuno e a Eolo deixando os barcos fondeados no mar todo o inverno, e para máis arbolados. Ilusos de nós, porque todos os anos os deuses nos gañan a partida. Xa o decía Paco Costas naquela serie documental sobre tráfico que víamos cando éramos pequenos e que se chamaba "La Segunda Oportunidad". A serie sempre empezaba coa frase "o home é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra". Bueno, pois Os Patexeiros penso que xa imos a superar o record de tropezos. Fai dous días, unha forte surada levóunos a Desexada, que este ano xa aguantou o seu, azoutada continuamente por temporais, e ainda así aguantou e aguantou, pero esta ...

Superamos as 20.000 visitas

Imaxe
Pois si, compañeiros, esta web dos Patexeiros superou oficialmente esta mesma semán as 20.000 visitas, dende xullo do 2010, que foi cando lle puxemos o contador. Antes diso xa tivo unhas cantas máis, porque según as estadísticas de Blogger, levamos 30.714 visitas, que para ser unha web de algo tan concreto como a nosa afición, pode ser considerado como un gran éxito. Grazas a todos vós, que nos visitades asíduamente, chegamos a estas cifras. Esperamos ter máis novidades xa dentro de pouco para seguir informándovos sobre as nosas actividades, sobre o mundo das embarcacións tradicionais e sobre todo o que pasa por estes mares. Agardámosvos sempre en www.patexeiros.org , en balbina.patexeiros.org/ e tamén en www.facebook.com/ospatexeiros.acm . Esperamos seguir contando coa vosa presenza por moitos anos. Grazas.

De momento...

Imaxe
De momento non temos novas para o blog, pero sí vos podedes ir enterando de cousas que imos facendo dia a día tamén no blog da Balbina e como non, tamén a traveso do Facebook . Mentras, vos deixamos con outra gran viñeta do amigo Davila

Un pouco de humor para empezar o ano

Imaxe
Agradecementos a Luis Davila

BO NADAL

Imaxe
Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámosvos que pasedes un Bo Nadal e unha boa despedida e entrada de ano.  Que no 2013 os ventos nos sexan, a todos, favorables.