Publicacións

Asamblea dos Patexeiros

Imaxe
O pasado sábado 17 de xaneiro tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas de socios, para elexir á nova xunta directiva e para presentar as contas da Asociación, evaluar as actividades feitas durante o ano 2014, aprobar o orzamento para este ano e propoñer as novas actividades para o ano 2015. Na xunta directiva este ano houbo algún relevo, non era sen tempo, afortunádamente os socios vanse implicando no desenvolvemento da Asociación, e contamos con novo vicepresidente, secretario e vogal. Un dos socios nos presentou un estupendo proxecto que levaremos adiante nos vindeiros anos. Tamén deixamos fixadas as datas dos eventos máis importantes que solemos organizar. - A partires de febreiro comenzaremos unha nova edición dos xa famosos Cursos de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. - O 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas faremos a festa da botadura dos barcos ó mar, que marcará o inicio da tempada de navegación. (ainda que hai...

FELIZ ANO 2015 E BOS VENTOS

Imaxe

Fin de semán polo Grove

Imaxe
Como ben é certo, que non todo vai ser traballar, este pasado fin de semán estivemos polo Grove desfrutando dese precioso entorno. E hai moito que ver, recoméndovolo. Ainda que neste pequeno resumo só vos falarei da parte mariñeira. Aproveitando o bo tempo, demos un paseo polo porto do Grove, donde me sorprendeu  ver un estupendo Pavillón de deportes náuticos, que xa nos gustaría ter noutros portos, e de seguro que axudaría a fomentar moito máis o deporte no mar. A tarde anterior xa puden ver entre a Toxa e a península do Grove máis de dúas ducias de piragüistas entrenando.  Algo que non podedes deixar de ver, amarrado no porto, é o Hidria Segundo, o único barco de vapor, funcionando, que existe en España. Este barco, como algúns sabedes, foi construído a mediados dos anos 60 do século XX, e equipado co motor de vapor do seu predecesor o Hidria. Traballou moitos anos como alxibe no Porto de Vigo, suministrando auga ós barcos fondeados ata que nos anos 90 cando xa a ma...

Fin de semá atarefado.

Imaxe
O venres, Jaime e Pepe reflotaron a Leliadoura, que se enchera de auga polas fortes choivas e foi ó fondo. Ese mesmo venres pola tarde levámola para Lorbé, para darlle uns retoques de cara á vindeira tempada. Ó chegar a Lorbé lavámola un pouco, pero xa se facía de noite e non se vía nada. Achicámola e tapámola cunha lona. Atopamos polizóns a bordo, que Pablo, na súa condición de ecoloxista, foi devolver ó mar, prometéndolle que cando fora grande non o ceibaría tan alégremente. Tamén varamos a Balbina. Varada anual para facer traballos de mantemento, e a ver se dunha vez conseguimos facerlle a caseta e poñela a navegar. Esta mañán tocóulle limpeza.  Chove moito. Enfúndome nunha roupa de augas, e escollo a ferramenta axeitada. Tiña onde elexir. Empezo a  rascar o casco. Ésto non é un barco.....é unha batea!!!!!. Máis de 200 kilos de mexilón tiña na obra viva. Dudei se levalos á depuradora e sacar uns cartos.... Dou fé que algúns eran de bo tamaño. ...