Publicacións

Última regata da X Copa Balbina e entrega de trofeos

Imaxe
O vindeiro sábado 29, chega ó seu remate a X Edición da Copa Balbina. Coma sempre, frente á rampa de servizo da Escola de Vela darase a saída á primeira manga sobre as 17:00 horas. Tamén, como é costume, según sexan as condicións climáticas o xuiz decidirá se se leva adiante a 2ª manga. Unha vez rematadas as mangas procederase cunha merenda para os participantes e a entrega de trofeos, agasallos e a entrega da Copa Balbina para que os gañadores a custodien ata o vindeiro ano. Acudide!!!!

III Concentración de embarcacións tradicionais de Betanzos

Imaxe
Por terceiro ano consecutivo, organizamos, conxuntamente cos amigos da Asociación Porta da Vila de Betanzos, a III Concentración de embarcacións tradicionais de Betanzos. Este sería ó programa provisional previsto. Animádevos e subide con nós a Betanzos.

4ª Regata Copa Balbina

Imaxe
Despóis da 1ª regata en Sada a finais de xuño, da regata de Redes, puntuable este ano para a Copa Balbina, e da regata de Perbes de mediados de agosto, puntuable como outros anos, chega agora a 4ª regata en Sada. Acude e suma puntos para subir na clasificación da Copa.

VI Xuntanza Patexeira

Imaxe
Un ano máis celebramos esta fin de semán, coincidindo cas Festas do Carme de Sada, a VI Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Trae o teu barco e sal a navegar e cambiar impresións con nós. Comida-pinchada para os participantes.

Navega cos Patexeiros

Imaxe
Este verán disfruta de novas experiencias nas augas da Ría de Ares, Betanzos e Sada. Navega nunha embarcación tradicional e disfruta dun entorno único dende o mar. Quéres aprender a navegar nun barco tradicional? : Apúntate a un curso de vela dunha semán de duración impartido por monitores expertos titulados. Quéres dar un paseo pola ria?: Pois tamén podes. Nunca foches nun barco e queres sair a dar unha volta a ver se che gusta?: Igualmente o podes facer. Que se sentirá navegando de noite pola ría?: Pois agora podes sabelo da man dos Patexeiros. Non dubides en contactar por tel, whatsapp ou correo electrónico. Desfruta do verán!!!

Empeza a X Edición da Copa Balbina

Imaxe
Ahí vai o extracto do regulamento deste ano que non varía con respecto ó do ano anterior. EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA Calendario: 1ª Proba: Sábado 30 de xuño - Sada 2ª Proba: Sábado 28 de xullo- Regata de embarcacións tradicionais de Redes 3ª Proba: Sábado 11 de agosto - Perbes 4ª Proba: Sábado 25 de agosto - Sada 5ª Proba: Sábado 29 de setembro - Sada 1. A Copa Balbina: A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S. Dispútase en augas de Sada. Este ano puntuará tamén para a Copa as Regatas de Redes e Perbes. 2. Características dos barcos participantes : A Copa Balbina e unha proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais de madeira con propulsión a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora. Ó ser unha proba que pretende fomentar máis a participación e a reunión de embarcacións tradicionais no Arco Ártabro,...

Celebramos o San Xoan Patexeiro

Imaxe
Esta fin de semán celebraremos o San Xoan conxuntamente cos socios e  amigos da Escola de vela do CNRS.