Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2010

Tempos modernos (Inocentada)

Imaxe
Inocente! Inocente! Non podiamos deixar pasar a ocasión de aproveitar para facer unha inocentada blogueira. Asi que todo o dito (todo non) non é máis ca unha broma. Na ACM Os Patexeiros xa comezamos cos preparativos do proxeto mais importante que imos abordar no ano 2011: A modernización das embarcacións. Nos dous anos escasos de vida que levamos funcionando estivemos loitando contra un grave problema de filtracións que tiveron efectos tan graves para a nosa seguridade como foi o afundimento dunha chalana. Co firme compromiso de plantar cara a estas ameazas decidimos emprender a tarefa de modernizar a nosa flota. Comezaremos coa Balbina, que xa está en Lorbé preparada para recibir unha imprimación selante de epoxi no casco seguida de duas capas de tecido de vidro de 260 gr/m2 tamén laminado cun epoxi moi líquido con filtro UV especial para laminados en madeira. Como comezaremos no frio do inverno misturaremos a resina con un 5% de alcol etílico. O alcol licua ainda máis o epoxi sen af

Gala patexeira, estás convidado!

Imaxe
Os Patexeiros temos preparada unha gala para para pechar o ano e querémosvos convidar a asistir. O evento está aberto a todo o mundo e agardamos especialmente a presenza dos participantes dos cursiños, das regatas, dos que nos visitastes na feira mariñeira de Sada e de todos os que nos coñecedes e nos axudastes, porque esta festa é para vós. O evento terá lugar o domingo 12 de Decembro as 18:00 na casa da cultura de Sada . Podemos adiantar que o programa inclue: Presentación de actividades da asociación. Entrega de premios . Entrega de diplomas do curso de carpintaría. Recital de Cantigas mariñeiras a cargo do veterano grupo "Cantigas da terra" E todo de balde! Agardámosvos o vindeiro domingo! Saudos patexeiros!

Quinta xornada do segundo curso de carpintaría

Imaxe
Ola de novo. O curso de carpintaría xa rematou o sábado 20 pero ainda están pendentes os artigos/apuntes das duas últimas xornadas. O frasquiado Na quinta xornada vimos como facer o frasquiado . O frasquiado é a técnica que nos permite determinar a forma que vai ter un bance do forro. As ferramentas que se usan son: A frasquia: unha regla de madeira longa, moderadamente ancha e fina. Un compás. No caso dunha restauración pódesenos dar o caso de querer reemplazar unha soa táboa do forro, neste caso temos perfectamente delimitado o ancho da táboa. No caso dunha nova construcción non teremos esa referencia e é aí onde entra o ollo (bon criterio) do carpinteiro para decidir o ancho dos bances. A groso modo podemos decir que a maior curvatura do casco máis estreitos deben ser os bances. Durante unha nova construcción tamén se poden simular as posicións dos bances con listóns finos e marcar as posicións. Esto é recomendabel se carecemos do bo criterio dun carpinteiro profesional e nos querem

Cuarta xornada do segundo curso de carpintaría

Imaxe
Antes de comezar co repaso do feito no curso quero presentar as miñas desculpas por tardar tanto en publicar esta entrada. Na cuarta xornada do curso comezamos facendo prácticas do aprendido a semana anterior. A maior parte da clase botouse a un bote que tiña Pepe no taller para lle tomar as medidas. Uns poucos fóronse ao taboleiro a sacar unha plantilla de cuaderna a partir das formas ali debuxadas. Pola metade da clase achegouse Eduardo, un mariñeiro veciño de Lorbé e aprendeunos a facer estrobos e gazas. Xa no anterior curso se achegaran uns vellos mariñeiros que nos contaran historias de cando ian pescar en chalanas con vela latina ata o cabo Prior e nos estiveran tamén explicando como facer os estrobos e nós varios. Medida dos cartabóns: Tras o aprendido na clase anterior o seguinte paso é aprender a tomar a medida dos ángulos que lle hai que dar ás cuadernas, estampa, etc. Se observamos a planta dun barco (a vista de gaivota) observaremos que forma unha curva. Por tanto as cuader

OS PATEXEIROS NO MAGOSTO DO CONCELLO DE SADA

Imaxe
O Concello de Sada ofrecéunos un espacio na carpa para colaborar no Magosto de Sada e estar presentes na Foliada. Déronnos un bo espacio xusto á entrada. Levamos dous tambores para asar as castañas, un típico do Caurel e outro diseñado por Miguel partindo dun tambor de lavadora, pero non as poidemos asar porque a Asociación que organizaba a Foliada díxonos que de asar xa se ecargaban eles, e ainda que lles ofrecimos os tambores tampouco os quixeron porque xa tiñan a súa plancha preparada. E como eran os anfitrións e organizaban eles a Foliada, o que decían eles iba á misa. Así que fumos guiadiños e nos fomos cos tambores (non coa música) de volta. De todas formas montamos o noso stand, no que dábamos a coñecer as actividades que facemos os Patexeiros. Houbo momentos nos que o stand estivo cheo de xente informándose. Puxemos un taboleiro para que a xente puxera os seus refráns sobre o outono, o magosto e as castañas, que como vedes tivo moito éxito, sobre todo gracias a esas dúas mozas

IV MOSTRA DE MODELISMO NAVAL - AMONAGA 2010

Imaxe
A todos os que vos guste o modelismo naval tedes oportunidade de ver en Palexco, na Coruña, a IV MOSTRA DE MODELISMO NAVAL, organizada polos amigos de AMONAGA (Asociación de Modelistas Navais de Galicia). A mostra estará na primeira planta de Palexco (entrada polo lateral, frente ó Centro Comercial) dende o domingo 14 ó domingo 21 en horario de 16:00 a 20:30 en dias laborais, e de 11:00 a 20:30 sábado e domingo. Hai máis dun cento de barcos expostos, dende antiguos navíos cañoneiros como o San Juan Nepomuceno, a Santísima Trinidad, a Bouthy, pesqueiros, boniteiros, lanchas Salvamar, veleiros de competición, barcos de investigación como o Hespérides, acorazados, mercantes, remolcadores, e incluso algunha embarcación tradicional, unha réplica do Hydria, lanchas de pasaxe de Mugardos, o Titanic, etc.... Recórdovos tamén que esta asociación fai xornadas de navegación na Coruña todos os 2ºs domingos de cada mes no estanque de Adormideras (polo inverno, no verán o fan no estanque do Milleni

Terceira xornada do II curso de carpintaría de ribeira

Imaxe
O sábado 30 chegamos ao ecuador do cursiño. Nesta xornada faltaron moitos dos alumnos, unha pena porque foi, ao meu entender, a clase máis importante do curso. Vimos os fundamentos de como se construe un barco. Primeira parte: O cepillo Antes de meternos en temas máis teóricos vimos unha ferramenta que tiñamos pendente e que é de vital importancia: o cepillo de carpinteiro. Un cepillo de carpinteiro tradicional consta de: Un corpo de madeira. Unha folla afiada que é a que corta a madeira. Adoita a chamárselle simplemente ferro. Un deflector metálico situado sobre o ferro, apretado cun tornillo pola parte inferior. Unha cuña que mantén o ferro preso ao corpo do cepillo. O ferro instálase no cepillo coa cara que se desbastou durante o afiado hacia abaixo. En caso de dúbidas podemos pensar en como se usa unha trencha: se se traballa coa parte plana hacia abaixo a trencha (ou o ferro do cepillo) tenderá a clavarse na madeira. O afiado do ferro do cepillo é idéntico ao de unha trencha: bale