OS PATEXEIROS NO MAGOSTO DO CONCELLO DE SADA


O Concello de Sada ofrecéunos un espacio na carpa para colaborar no Magosto de Sada e estar presentes na Foliada. Déronnos un bo espacio xusto á entrada.

Levamos dous tambores para asar as castañas, un típico do Caurel e outro diseñado por Miguel partindo dun tambor de lavadora, pero non as poidemos asar porque a Asociación que organizaba a Foliada díxonos que de asar xa se ecargaban eles, e ainda que lles ofrecimos os tambores tampouco os quixeron porque xa tiñan a súa plancha preparada. E como eran os anfitrións e organizaban eles a Foliada, o que decían eles iba á misa.


Así que fumos guiadiños e nos fomos cos tambores (non coa música) de volta.

De todas formas montamos o noso stand, no que dábamos a coñecer as actividades que facemos os Patexeiros. Houbo momentos nos que o stand estivo cheo de xente informándose.

Puxemos un taboleiro para que a xente puxera os seus refráns sobre o outono, o magosto e as castañas, que como vedes tivo moito éxito, sobre todo gracias a esas dúas mozas que escribiron a meirande parte deles. ¡¡¡ Gracias pola vosa estupenda colabouración !!!


Tamén colaboramos facéndolle uns choqueiros (paus) e unhas billardas para que poidesen xogar á billarda ó dia seguinte. Moita xente se mostraba interesada no que facíamos e a maioría nos contaba historias de cando eles xogaban á billarda na súa mocidade, e tamén tivemos a oportunidade de coñecer xente que participaba na liga nacional de billarda.


E ó final volvemos a traer o tambor para que asaran castañas o domingo pola mañán.

Ata o ano que ven.

by Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog