IV MOSTRA DE MODELISMO NAVAL - AMONAGA 2010


A todos os que vos guste o modelismo naval tedes oportunidade de ver en Palexco, na Coruña, a IV MOSTRA DE MODELISMO NAVAL, organizada polos amigos de AMONAGA (Asociación de Modelistas Navais de Galicia). A mostra estará na primeira planta de Palexco (entrada polo lateral, frente ó Centro Comercial) dende o domingo 14 ó domingo 21 en horario de 16:00 a 20:30 en dias laborais, e de 11:00 a 20:30 sábado e domingo.


Hai máis dun cento de barcos expostos, dende antiguos navíos cañoneiros como o San Juan Nepomuceno, a Santísima Trinidad, a Bouthy, pesqueiros, boniteiros, lanchas Salvamar, veleiros de competición, barcos de investigación como o Hespérides, acorazados, mercantes, remolcadores, e incluso algunha embarcación tradicional, unha réplica do Hydria, lanchas de pasaxe de Mugardos, o Titanic, etc....


Recórdovos tamén que esta asociación fai xornadas de navegación na Coruña todos os 2ºs domingos de cada mes no estanque de Adormideras (polo inverno, no verán o fan no estanque do Millenium), donde podedes ver en acción distintos barcos e submarinos. Fan simulacros de rescate cos remolcadores, etc....

Chaman moito a atención por exemplo o Hydria co seu traqueteo de máquina de vapor, os chorros de auga dos remolcadores e barcos de rescate, como manobran coas gruas, as locucións que teñen grabadas, incluso se oen ladrar os cans que levan a bordo, sereas, avisos de manobra, etc...



Dispoñen incluso de pantaláns de amarre para os barcos (envidia dos Patexeiros).



Espectacular tamén é cando fan as xornadas de navegación nocturna (sole ser polo verán) xa que os barcos dispoñen de cantidade de luces e é unha maravilla velos.



Nunha das últimas xornadas incluso sacaron un barco a remos cun tripulante que remaba e manobraba ciando ou bogando.


Recordade 2º domingo de cada mes na Coruña, estanque de Adormideras.

Na súa páxina web podedes ver varios dos seus barcos e descargar planos de embarcacións.


by Palmeirán

Comentarios