Sobre fasquías non hai nada escrito

Cando vemos un barco ben bonito no mar, no estaleiro ou varado nunha praia ou nun porto, enseguida sacamos de cámara, de teléfono, ou do trebello que teñamos á mán (porque hai quen saca fotos con tablets de 15", debe ser pola comodidade de transportalas) para deixar inmortalizada esa  fermosura e ensinarllo logo ós amigos ou compañeiros de afección.

Pero ás veces, tamén sacamos a cámara para inmortalizar "cousas raras" que moitas veces comparten habitat coas fermosuras das que falábamos no párrafo anterior.

Porque parece ser que no noso país, sobre fasquías non hai nada escrito, e así como vemos casas metade de ladríllo, metade de bloque, cun cacho do tellado de uralita e o outro de tella inglesa cun remendo de tella do país, todo elo sen pintar a fachada, pois tamén ás veces atopamos embarcacións que, desempeñando ben o traballo para o que foron feitas, darían lugar a moitas discusións sobre o acertado do seu deseño.


Nas últimas visitas que fixen a Ribeira, atopéime con estas dúas "belezas picassianas" (iso decían de Rosi de Palma).




Os nomes, tamén moi acertados, un chámase Tormenta e o outro Pistracas.


Comentarios