SADA ALBERGARÁ O XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Tras varios meses de loita para conseguir a financiación, a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros, xa vos pode dar a nova en primicia.

Os Patexeiros serán os anfitrións do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. 


Xa moito antes de que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial convocara o XII Encontro, Os Patexeiros se involucraran na difícil tarefa de conseguir a financiación para levar adiante ese Encontro.

Petamos a moitas portas, e sorprendentemente en todas nos dixeron o mesmo:

"Cómo non imos a colaborar nun evento cultural desta magnitude, para nós a Cultura é o primeiro...." "Non hai problema... contade cos cartos...."

Isas foron as dúas frases que máis oímos en todos os organismos ós que presentamos o noso proxecto.

Xa está casi todo feito, polo que vos adiantamos un pouco do noso proxecto que xa conta co visto bó da Federación.

A prazas de amarre para as embarcacións de pequeno e medio porte estarán situadas nesta zona que vedes na fotografía.


As embarcacións de gran porte poderán amarrar diréctamente ó porto pesqueiro.

Todo foi moi rápido, a colaboración de todos os socios Patexeiros, foi como sempre, impresionante. Incluso houbo unha comisión que se encargou de contactar con fundacións e barcos de toda Europa para evaluar a posibilidade de contar coa súa presencia, e pensamos que non haberá problema en que poidan amarrar dous ou tres grandes barcos como o buque escola italiano Palinuro e o Kruzenshtern ruso, para que o público asistente poida desfrutar coa visita a estes grandes barcos.

Tamén xa está todo pechado con respecto ás zonas de parking, hospedaxe de tripulacións, etc....

Os tripulantes poderán hospedarse gratuítamente no Hotel Sada Marina, de catro estrelas, que como ben sabedes pechou este mesmo ano ó entrar en concurso de acreedores, polo que nos cederán xentilmente as súas instalacións. O único inconvinte é que os hospedados en cada habitación terán que facerse as camas todos os días xa que o persoal xa non está no hotel.

A carpa de restaurante-actuacións-eventos seranos cedida por unha gran empresa de carpas a nivel nacional que non quere, de momento desvelar o seu nome, pero que para darvos algunha pista, foi usada fai uns anos nunha boda Real, e na que se poden albergar unhas 10.000 persoas en caso de choiva.

A zona de aparcamento de tripulantes e de remolques estará situada xusto enfrente á zona de atraque.


A maioría das actuacións xa están tamén pechadas nun 80 por cento, e despois do anuncio de hoxe nos informativos da TVG do fichaxe de Toñito de Poi polos Rolling Stones, e dada a nosa relación con ese virtuoso da guitarra, non descartaríamos a posibilidade dun pequeno concerto acústico dese famoso grupo nos xardíns e praia de Sada que poderían albergar miles de persoas.

Toda a corporación municipal e os partidos políticos con presenza no concello de Sada se puxeron de acordo, como sempre fan, para apoiar totalmente a organización deste evento.

As actividades tamén xa están prácticamente pechadas. Faranse varias travesías pola ría e incluso un dos días se fará unha recalada nocturna ata a nosa segunda sede no Porto de Lorbé.



Neste caso, os grandes barcos non poderán amarrar directamente no peirao e terán que quedar abarloados ás bateas dispostas pola organización, que está previsto estén conectadas con terra a traveso dunha pasarela acristalada, aproveitando a  usada na Volta Ciclista a España que agora mesmo está tirada nun porto das Rías Baixas e que xentilmente nos foi cedida pola organización da Volta.

Como vedes, é un gran proxecto que conseguimos levar adiante grazas ó apoio de todos os partidos políticos, organismos, institucións públicas e institucións bancarias que se ofreceron xentilmente a financiar este gran evento, que se todo segue según as nosas expectativas pode chegar a desbancar a Brest.

Vémonos en Sada-Lorbé 2015.

Comentarios

  1. E unha gran noticia para ós patexeiros !! Estaremos encantados de colaborar con vosoutros en todo o que poidamos a tripulación completa do albatros. Si temos que dar remolque a esos grandes barcos estaremos encantados de prestarvos a Festa para facer de remolcador de altura!!!
    Estamos a vosa disposición!!
    Unha aperta grande.

    ResponderEliminar
  2. Vese o nivel da xente patexeira. Todo amarrado e ben amarrado. :-)

    ResponderEliminar
  3. Noraboa!!! Dende as rias baixas o buque "Lopez Hermoso", Pailebote de cinco mastros non faltará a esta importante cita.

    ResponderEliminar
  4. O imponente Galatea, o cal merquei a semán pasada, en subasta pública. Estará presente con unha tripulación de Rusas e Suecas, dispostas a gozar das nosas tradicións mariñeiras

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog