Publicacións

Seguimos traballando na Desexada

Imaxe
Esta pasada semán acheguéime tres tardes ata Lorbé para proseguir cos traballos na Desexada, de cara a arranxala e que esté lista para o noso Encontro de Embarcacións tradicionais que faremos e Sada o sábado 22 de xuño (estamos á espera de colgar o cartel na nosa web). O martes empecei a montar o cuartel que nos desaparecera do barco nunha surada. O xoves metinlle o xunquillo que nos faltaba na cuberta de proa,   Unha vez colocado o xunquillo, desmontei as táboas que permiten acceder ós tornillos para quitar o botalón, xa que temos que meterlle un empalme no pinchón e sustituir a tornillería do botalón.   Calafateei o contorno das brazolas do cuartel de proa para evitar filtracións de auga ó interior.   O venres pola tarde funme para o taller a marcar e cortar unha das partes da regala,  que xa deixei cepillada pola parte exterior, pero non puden rematar a interior por carecer de bastrén para axeitar a curvatura, ainda que podía facerlla...

Empezando coa reparación da Desexada

Imaxe
Pois nos Patexeiros, sempre a traballar. Fai tres días que botamos a Balbina ó mar e xa empezamos a reparar a Desexada e preparándoa para navegar a primeiros de xuño. Hoxe acheguéime un par de horiñas a Lorbé e me puxen a quitarlle a tapa da regala á Desexada. Ésta foi unha das pezas que se danou no último incidente que tivo o barco por mor do temporal. Unha vez retirada tamén observei que o durminte que hai xusto debaixo está un pouco tocado polo podrén, sobre todo arredor do furado onde vai o tolete, así que vou a sustituílo en parte.  Xa coloquei a regala sobre a táboa da que vou a facer a nova peza. Non me dá para facela toda dunha peza así que terei que facela en dúas. Por esta semán remato aquí o traballo e a ver a dónde chego a vindeira semán. Iréivos informando. Palmeirán.

A Balbina deixou o estaleiro e volve ó seu fondeo

Imaxe
Despois de 6 meses varada e casi sen poder traballar nela, a Balbina volveu ó seu fondeo. Algo fixemos pero ainda queda moito por facer. Máis información na páxina da Balbina.

Un pouquiño de humor

Imaxe
Do fenomenal Davila .

Os alumnos do curso saen preparados.

Imaxe
Efectivamente, os alumnos do anterior curso de carpintaría dos Patexeiros saen preparados. Un dos alumnos xa empezou fai uns meses a facer o seu propio bote, xa publicaremos unhas fotos en canto dispoñamos delas. Outro dos Alumnos, mercou un bote de media construcción e él mesmo está facendo as operacións de reparación. Ahí vedes unhas fotos do seu estupendo traballo. Da gusto ver que os cursos ademáis do éxito de convocatoria que tiveron nas súas tres edicións pasadas, tamén deron os seus frutos ó final. Palmeirán.

Xa celebramos a Asamblea e as eleccións

Imaxe
Este xoves, tal e como anunciáramos, tiveron lugar no noso local de Lorbé as Asambleas Extraordinaria e Ordinaria Anual. Un grupo de socios asistentes posan diante do local social A asistencia dos socios foi masiva, habendo moi poucas baixas, e todas elas xustificadas (traballo, enfermidade ou situación xeográfica). Empezamos con puntualidade inglesa e fíxose a elección da nova Xunta Directiva para os vindeiros 2 anos. Na Asamblea Ordinaria aprobáronse as contas do exercicio pasado e o presuposto e o calendario de actividades para este ano 2013. Tamén se aprobaron a maioría das propostas adicionais que se fixeron, todas elas con grandes ventaxas para os socios. Rematamos a Asamblea preto das 12 da noite.. Nuns días enviaremos os resultados da Asamblea a todos os socios. Palmeirán

ASAMBLEA ANUAL

Imaxe
Este venres día 8, a partires das 20:00 terá lugar no noso local social de Lorbé a Asamblea Anual de Socios. Ademáis este ano toca renovar a Xunta Directiva polo que xa pedimos ós nosos socios que presentasen as súas candidaturas. Na Asamblea trataremos moitos puntos interesantes para o funcionamento da nosa Asociación, así como informaremos das contas os socios, presentaremos os presupostos para o 2013 e trataremos de aprobar as actividades previstas para este ano. Moitas novidades e ventaxas nos esperan ós socios se se dan aprobado as propostas que temos para presentar. Os socios xa foron convocados no seu momento, atendendo ós prazos que marcan os nosos Estatutos. Esperamos contar coa presencia da maioría dos socios. E para que non se faga moi longa teremos dispoñible un pequeno refrixerio.