Seguimos traballando na Desexada

Esta pasada semán acheguéime tres tardes ata Lorbé para proseguir cos traballos na Desexada, de cara a arranxala e que esté lista para o noso Encontro de Embarcacións tradicionais que faremos e Sada o sábado 22 de xuño (estamos á espera de colgar o cartel na nosa web).

O martes empecei a montar o cuartel que nos desaparecera do barco nunha surada.


O xoves metinlle o xunquillo que nos faltaba na cuberta de proa,
 

Unha vez colocado o xunquillo, desmontei as táboas que permiten acceder ós tornillos para quitar o botalón, xa que temos que meterlle un empalme no pinchón e sustituir a tornillería do botalón.




Calafateei o contorno das brazolas do cuartel de proa para evitar filtracións de auga ó interior.

 
O venres pola tarde funme para o taller a marcar e cortar unha das partes da regala,  que xa deixei cepillada pola parte exterior, pero non puden rematar a interior por carecer de bastrén para axeitar a curvatura, ainda que podía facerlla coa lixadora de banda. Espero rematala o seguinte día.



Palmeirán


Comentarios