NACE A ASOCIACION CULTURAL MARIÑEIRA DE SADA "OS PATEXEIROS"

Xa desde o pasado dia 23 de Xaneiro, no que fixemos a nosa primeira reunión, empezamos a existir coma asociación, ainda que xa viñamos a desenrolar algunhas actividades coma sección de vela tradicional no C.N. Recreativo de Sada.
O noso obxectivo mais inmediato, e a restauración dun patexeiro de 12 m de eslora que leva fondeado en Sada nada mais e nada menos que 64 anos. Foi construido orixinalmente con aparello de vela, que se conservou ate hai dous anos. Tamén seu motor diesel que acende a mechas e unha peza de museo en sí. O barco ía ser desguazado, pero de momento salvouse. Esperamos velo navegar a vela pola ria de novo en pouco tempo.
Pero non e o único proxecto que temos. Coma asociación cultural, tamen temos xa varios frontes abertos:
- A creación dun arquivo fotográfico e testemuñal da memoria histórica sobre a vida mariñeira de Sada
- A redacción dun libro sobre o barco e a sua historia
- Asesoramento e apoio os novos afeccionados a vela tradicional
- A recolleita das recietas de cociña mais tradicionais (recoller, facer, e degustar)
- O percorriodo a pe da nosa costa, facendo sendeirismo polo litoral de Galicia (ate onde poidamos)
- A recollida da memoria de artes tradicionais de pesca de Sada (practicalas cos mais maiores, e filmalas en video ou fotos)
- A celebración de regatas de vela e remo en embarcacions tradicionais
- A realización de obradoiros abertos ó publico, de carpintería con ferramenta tradicional.

Son moitas as ganas de facer, moito o entusiasmo, moitos proxectos, e desgraciadamente pouco tempo e menos cartos. Pero é mais importante o primeiro ¿non si?.

A curto prazo, estamos a preparar xa unha xornada técnica, unha especie de reunión sobre o mundo da navegación tradicional nas rias altas., posiblemente para despois de Semana Santa. Ademias, queremos aproveitar para facer no mesmo dia unha xuntanza de opinions e ideas de cómo facer unah boa restauración do barco. Mantedevos informados neste Blog. Xa vos mandaremos mais detalles, asi de cómo vai a restauración, as actividades que faremos, as fotos que saquemos, etc etc.

UN SAUDO MOI ESPECIAL A TODOS/AS OS QUE FACEDES POSIBLE MANTER ESTE XEITO DE NAVEGAR E COÑECER O NOSO MAR ANO TRAS ANO.

Comentarios

  1. Parabéns polo novo blog e ánimo coa restauración do patexeiro, iremos velo pasar a Marola a vela!

    ResponderEliminar
  2. Noraboa Miguel por este blog, a ver se me pasas esas fotos de Brest. Veña, un saúdo.

    Palmeirán

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog