Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

SADA ALBERGARÁ O XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE GALICIA

Imaxe
Tras varios meses de loita para conseguir a financiación, a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros, xa vos pode dar a nova en primicia. Os Patexeiros serán os anfitrións do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.  Xa moito antes de que a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial convocara o XII Encontro, Os Patexeiros se involucraran na difícil tarefa de conseguir a financiación para levar adiante ese Encontro. Petamos a moitas portas, e sorprendentemente en todas nos dixeron o mesmo: "Cómo non imos a colaborar nun evento cultural desta magnitude, para nós a Cultura é o primeiro...." "Non hai problema... contade cos cartos...." Isas foron as dúas frases que máis oímos en todos os organismos ós que presentamos o noso proxecto. Xa está casi todo feito, polo que vos adiantamos un pouco do noso proxecto que xa conta co visto bó da Federación. A prazas de amarre para as embarcacións de pequeno e medio porte estarán situadas nes

SEXTO DÍA NO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
 Hoxe estivo casi a totalidade do alumnado presente en Lorbé, coa excepción de dúas baixas, ós que botamos de menos, e desexamos que teñan unha pronta recuperación e esperamos se incorporen na seguinte xornada do curso. Para hoxe tiñamos previsto un repaso do proceso constructivo, quitando un par de cadernas partindo do tableiro, pero aprazámolo para a seguinte xornada coa idea de que estéan todos os alumnos presentes nesa explicación. Nada máis empezar a xornada, un grupo se puxo a frasquiar a última peza da sorraina que faltaba, a de estribor de popa. Como xa casi todos viran o procedemento, empezaron a formarse grupos de traballo, e mentras uns se encargaban da sorraina, outros se puxeron a tallar ós alefriz. Gustavo púxose co de popa e botou man dunha trencha. Dolores encargóuse do da proa e aquí a vemos collendo a aixola con xeito. Victor, e Moncho, alumnos xa aventaxados, estiveron cortando a sorraina na serra, dándolle o "cartamón" axeitado.

TRABALLANDO NA SORRAINA

Imaxe
Este sábado retomamos o curso de carpintaría, despóis dunha semán de parón por mor da ponte da Constitución. Estaba previsto volver a recordalle ós alumnos as nocións básicas da construcción naval, sacando un par de cuadernas partindo dun modelo de medio casco, pero debido ás ausencias que houbo, 5 por causa de forza maior, decidimos aprazar esta clase para outro día, e os alumnos que asistiron puxéronxe a traballar na sorraina da buceta. Empezaron frasquiando no barco, e levando as medidas á taboa que tiñan preparada. Nesta operación actuaron todos os alumnos por turnos. O mestre lles indicaba como tiñan que proceder, e eles levaban adiante a operación. Aquí os podemos ver trapasando as medidas tomadas á taboa. Unha vez pasadas as medidas uniron os puntos axudándose dun barrote para darlle a forma axeitada á sorraina, e cortaron a peza. Logo o mestre Pepe, lles explicou como tiñan que darlle a caída correspondente á inclinación en cada barraganete para o que us

NOVO MERCHANDISING 2014 DOS PATEXEIROS

Imaxe
Xa temos dispoñible o novo merchandising para esta tempada.  Trátase dunha colección de bandeiras históricas de Galiza e dos países Celtas para engalanar o voso barco ou a vosa casa e darlle un toque de distinción. As bandeiras son de tamaño 150x90 cms, en poliester, con aneis laterais para izalas no mastro. Tamén temos sets de 21 bandeirolas de 5,25 metros de longo en poliester para pendurar do barco ou do teito da vosa casa, finca, negocio, festas, etc. Dispoñemos das seguintes: - Bandeira galega (esgotada nestes intres) - Bandeira do Reino de Galiza. - Bandeira da Coruña - Bandeira de Vigo - Bandeira do Reino Suevo da Gallaecia - Bandeira das Nazóns Celtas - Bandeira da Cruz de Santo Andrés (bandeira náutica da Coruña) - Bandeira da Illa de Man - Bandeira de Gales - Bandeira da Bretaña - Bandeira dos 4 reinos históricos da Irlanda - Bandeira do Ulster - Bandeira do Principado de Gales - Set de bandeirolas históricas galegas - Set de bandeirolas das

CUARTO DÍA NO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Onte sábado os alumnos continuaron coa parte da cuberta. Un equipo se puxo a rematar de cravar o courel ós barraganetes que faltaban. Nalgún momento tiveron algún problema debido á dureza da madeira de carballo, seca xa de fai un ano, e sempre había algún cravo que se resistía a entrar e doblaba, pero xa están empezando a afrontar estes pequenos inconvintes e solucionalos correctamente. Outro dos equipos estiveron cortando as contrarodas á altura do courel. O grupo máis numeroso estivo con Pepe facendo e colocando os falsos barraganetes . Para iso, Pepe ensinóulles a facer unha plantilla fixa e tamén usaron outra móbil que sirve para casi calqueira barraganete. Aquí algúns alumnos xa copiaron a idea para poñela en práctica canto antes. Unha vez  tomada a medida coa plantilla, trasládana á peza de carballo cortado co ancho necesario para os barraganetes, márcana co lápiz e lévana á serra. Logo cepillando un pouco axeitan o barraganete ó seu sitio.

TERCEIRA XORNADA DO CURSO

Imaxe
Nesta terceira xornada do Curso, non puiden estar presente, polo que vos vou a contar de terceira man o que alí se fixo. O mestre decideu que era un bo día para meterlle o courel á buceta, e así empezaron coa operación. O primeiro paso foi meter uns barrotes para sacar as plantillas para cortar o courel.  Anotaron "o cartamón" ou inclinación dos barraganetes para pasalos á plantilla. Unha vez feitas as plantillas leváronas ó tablón de carballo para marcalas. Despezaron o tablón e meteron as pezas na serra. Alí, como vedes na imaxe, lle deron o "cartamón" axeitado ou o que é o mesmo, a inclinación que ten que levar para axeitarse ós barraganetes. No descanso, como sempre "mollaron a palleta" e tomaron uns pasteliños, pero hoxe, xusto o día que eu non estou, á compañeira Dolores dóuselle por levar as súas famosas galletas suizas. Eso vou a tardar moito en perdoarllo, a non ser que volva a repetir a operación canto antes.

SEGUNDA XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Hoxe xa levamos a buceta que empezamos a construir na anterior edición do Curso, para que os alumnos desta nova edición continúen traballando nela. Despois do primeiro día de prácticas de afiado e asentado, explicacións sobre a madeira e de como nace unha nova embarcación, hoxe por fin, os alumnos xa puderon empezar a cheirar a madeira. Nada máis empezar a xornada xa todos se puxeron máns á obra distribuíndose en traballos diversos. Un grupo púxose a recravar as cuadernas, porque como o carballo estaba moi verde cando se colocaron, traballou moito a madeira e  ó non estar ainda forrado o barco, fixeron mover a cravazón despóis de casi un ano gardada no galpón e ir de exposición en exposición por estrada. Dolores, Rogelio, Luís e Lino colleron cadanseu martelo e botador e foron recrabando todas as que o necesitaron. Por outra banda, Oscar e Dani, Javier e Xavier pasaban as táboas que se están preparando para rematar a cuberta pola cepilladora, e Moncho e Rafa as pasa