luns, 23 de decembro de 2013

SEXTO DÍA NO CURSO DE CARPINTARÍA

 Hoxe estivo casi a totalidade do alumnado presente en Lorbé, coa excepción de dúas baixas, ós que botamos de menos, e desexamos que teñan unha pronta recuperación e esperamos se incorporen na seguinte xornada do curso.

Para hoxe tiñamos previsto un repaso do proceso constructivo, quitando un par de cadernas partindo do tableiro, pero aprazámolo para a seguinte xornada coa idea de que estéan todos os alumnos presentes nesa explicación.

Nada máis empezar a xornada, un grupo se puxo a frasquiar a última peza da sorraina que faltaba, a de estribor de popa.

Como xa casi todos viran o procedemento, empezaron a formarse grupos de traballo, e mentras uns se encargaban da sorraina, outros se puxeron a tallar ós alefriz.

Gustavo púxose co de popa e botou man dunha trencha.

Dolores encargóuse do da proa e aquí a vemos collendo a aixola con xeito.

Victor, e Moncho, alumnos xa aventaxados, estiveron cortando a sorraina na serra, dándolle o "cartamón" axeitado.


Logo, Dani, e Víctor remataron a táboa da sorraina, marcando e cortando os imbornais.

No momento da merenda, hoxe por suposto, a base de productos do Nadal, fixemos un brindis polo curso e pola buceta.

Despóis da merenda, o mestre da caladora, Rafa, xunto con Oscar e Javier, se puxeron a cortar o tambucho de proa e a darlle a forma á cuberta.















 Lino e Rogelio fixeron hoxe de comodíns, apoiando a todos os grupos nos traballos, e non pararon nin un intre. Tamén foron os responsables de tallar unha parte da sorraina na proa, que se olvidaron de facerlle o paso daugas cando se colocou.

Aquí un grupo asentando a última peza da sorraina.

Pepe, estivo supervisando ó grupo, sobre todo ós que traballaban no alefriz para que non cortaran de máis.


Xá na última hora do curso empezou a ensinarlles a frasquiar a aparadura.

Ó remate do día de hoxe superamos xa o Ecuador do curso. Agora imos  facer un parón de Nadal ata o vindeiro día 11 de xaneiro no que se dará un repaso ó proceso constructivo para logo, nos últimos tres días, atacarlle duro para rematar o forro (ou iso se intentará).

A ver se somos capaces de rematar a buceta nesta edición.

APROVEITAMOS PARA DESEXARVOS BO NADAL, BOAS FESTAS E MELLOR 2014 A TODOS OS NOSOS ALUMNOS, AMIGOS, COMPAÑEIROS E SEGUIDORES .




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com