domingo, 1 de decembro de 2013

CUARTO DÍA NO CURSO DE CARPINTARÍA

Onte sábado os alumnos continuaron coa parte da cuberta.

Un equipo se puxo a rematar de cravar o courel ós barraganetes que faltaban. Nalgún momento tiveron algún problema debido á dureza da madeira de carballo, seca xa de fai un ano, e sempre había algún cravo que se resistía a entrar e doblaba, pero xa están empezando a afrontar estes pequenos inconvintes e solucionalos correctamente.


Outro dos equipos estiveron cortando as contrarodas á altura do courel.


O grupo máis numeroso estivo con Pepe facendo e colocando os falsos barraganetes.


Para iso, Pepe ensinóulles a facer unha plantilla fixa e tamén usaron outra móbil que sirve para casi calqueira barraganete.

Aquí algúns alumnos xa copiaron a idea para poñela en práctica canto antes.


Unha vez  tomada a medida coa plantilla, trasládana á peza de carballo cortado co ancho necesario para os barraganetes, márcana co lápiz e lévana á serra.


Logo cepillando un pouco axeitan o barraganete ó seu sitio.


Unha vez rematados de colocar os 8 falsos barraganetes, puxeron a busarda.


E rematada a colocación dos barraganetes e a busarda, tocou o momento de empezar a frasquiar a sorraina, para o que tiveron que facer primeiro unha plantilla, e Pepe estivo ensinándolles a tomar as medidas na plantilla para logo levalas sobre o tablón para cortar a peza.


As operacións de frasquiado son algo que custa entender a moitos dos alumnos, pero que saiban que terán que facer moitas veces estas operacións ó longo do curso, así que non desesperen que a base de repeticións irán entendendo perféctamente como se fai correctamente.


Agora, a semán que vén faremos unha pequena pausa no curso por mor desa ponte dos días 6 e 8 de decembro que moitos aproveitarán para ir dar unha volta.


Vémonos o vindeiro 14 de decembro.

Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com