Publicacións

AVISO URXENTE: SUSPÉNDESE A 3ª REGATA DA COPA BALBINA

Por atoparse fora a maioría do Comité de Regatas e dos socios dos Patexeiros, vémonos na obriga de suspender a 3ª Regata puntuable para a Copa Balbina que se tiña que celebrar este sábado 27 de Agosto. Sentímolo moito pero non podemos garantizar unha boa organización da proba á que cada vez estades acudindo máis barcos e á que cada vez estamos intentando dar máis importancia. Desculpade as molestias. Quedades emprazados para a cuarta regata que se celebrará o sábado 24 de setembro coma sempre ás 5 da tarde na liña de saída fronte á praia de Sada e ó rematar vos agasallaremos cuns pinchos e uns viños.

Regata de dornas nas Festas de Palmeira

Imaxe
Como este mes os Patexeiros estamos facendo poucas actividades, e das que facemos non teño imaxes (asistencia á Regata de Redes, e á Regata de Ares) aquí vos mando un pequeno resúmen da Regata de dornas que presenciei o sábado 13 de agosto durante as Festas de Palmeira. Cunha participación dunhas 11 dornas, case todas pertencentes ós nosos amigos do Lajareu por Barlovento, o sábado pola tarde tivo lugar a regata de dornas Festas de Palmeira, que saindo do Camallón (pedras enfrente ó muelle de Palmeira) deron a volta á illa de Rúa para volver a chegar ó Camallón. No transcurso da regata, ó pasar por Rúa mezcláronse coa Regata Rías Baixas, e aquelo xa foi un espectáculo de velas na ría. En primeiro lugar e gañador da regata chegou José Antonio "o panadeiro" patroneando a Sandra, unha dorna xa asídua de todas as regatas organizadas polo Lajareu por Barlovento e que grazas á súa constancia foi vendo a súa progresión estando fai anos nos últimos postos, como vedes nesta...

Segunda regata da Copa Balbina en Sada

Imaxe
O Pasado dia 30, celebruose en Sada a segunda das regatas da Copa Balbina de vela tradicional do Golfo Artabro, cun exito importante de participación. Ahí nese enlace, podedes ver como vai a clasificación neste ano:   https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=sites&srcid=ZGVmYXVsdGRvbWFpbnxkZXNjYXJnYXN4ZXJhaXN8Z3g6MzVhMGIyMDI4ZjA1NTc3OA E se non podedes baixar a folla Excell en DESCARGAS XERAIS - REGATAS E OUTROS EVENTOS,  e ahi veredes a copa Balbina 2011. A clasificación e provisional, porque houbo unha protesta que está ainda sen resolver por parte do Xuiz de regata. Lembramos que a organización da regata, ainda que nos colabouramos, corre a cargo do C.N.Recreativo de Sada. A protesta básase en que o gañador, o Sountress chegou tarde, e como consecuencia, non estaba detrás da liña de saída no momento de pitar o último minuto. De prosperar a protesta, quedaría con 3 puntos de participación cun NS (DNS). Pero a saída tampouco foi anulada, polo que podería haber ...

PRIMEIROS DÍAS DO MERCADO MARIÑEIRO DE SADA

Imaxe
Xa rematou o segundo día do Mercado Mariñeiro, ainda nos queda hoxe domingo. Ó longo destes dous días traballamos moito, pero moito, moito, pero as cousas foron saíndo máis ou menos ben. E o resultado global podemos calificalo como de moi bó. O venres pola tarde quitamos os barcos do mar e os levamos para o noso stand. A dorna saeu dende a rampa e os outros barcos dende o travelling do porto deportivo. Camuflamos a carpa co atrezzo e o material de exposición. Tremenda carpa que tiñamos, como vedes nas fotos. O sábado o único que nos fallou foi a demostración de carpintaría de ribeira na rúa por estar ausentes os carpinteiros, pero contamos coa Exposición da Ferramenta de Carpintaría de ribeira, coa Exposición temática sobre a Balbina e coa Exposición de imaxes antiguas de Sada que tiveron moitísimo éxito. Fixemos tamén unha recreación do encascado de redes e velas. A xente se xuntaba alí porque parecía que estábamos facendo polbo á feira. Era moi bonito ver como a...

II FEIRA MARIÑEIRA DE SADA

  Xa pasou un ano desde que participamos na Feira mariñeira. E ¿que significa isto? Que xa estamos para outra.   Xa vos podedes imaxinar  a que imos montar en Sada este fin de semana. Podedes achegarvos alá a darnos bos consellos (o típicamente galego"Asi non e"), a mercarnos unha camiseta, unha cunca, a ver a Exposición - museo da Balbina, a aprender algo mais de nós mariñeiros, a criticarnos, a facervos unha foto coa regata de vela tradicional de fondo, a saborear as sorpresas que teremos para os vosos paladares, ou sinxelamente,   A SAUDARNOS    Tamén, xa sabedes, que estaremos alá para nun brevísimo prazo abrir a preescripción para solicitar participar no concurso - oposición para facerse socio dos Patexeiros. Ahí falade con nós, que estemos dispostos a informaros.     Anímovos especialmente aos que tedes embarcacions que vos alistedes na regata, que logo en terra daremos pinchos, e temos un concerto de música tradicio...

REMATOU O X ENCONTRO

Imaxe
E foise...., rematou...., botou o último suspiro.... O X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia abandoou Carril este pasado domingo dia 3. Este ano os organizadores non o tiveron fácil. Os compañeiros de Rompetimóns non tiveron toda a axuda institucional que precisaron. Vamos, non é que non a tiveron toda, e que tiveron demasiado pouca, incluso ningunha de algunha institución.   Porque parece ser que conservar o patrimonio non está de moda. "Esos barquitos de madera son bonitos pero son un atraso" seguro que pensan algunhas "mentes pensantes" de algunha institución. A culpa lévaa a crise económica. Pero tiñan que pensar que barcos como estes sacaron da crise a moitas xeracións, déronlles de comer a moitas bocas, e fixeron que algúns poidesen estudar esa carreira que lles permiteu estar hoxe ónde están. Pero diso ó mellor xa non se acordan. Pois tranquilos, que xa conservamos nós o PATRIMONIO DE TODOS. Bueno, ó caso. Foi unha semán i...

PRIMEIRO DÍA NO ENCONTRO

Imaxe
Onte xoves, uns cantos Patexeiros estivemos na primeira xornada do X Encontro en Carril, recordade que este X Encontro xa empezou este pasado fin de semán en Vilaxoán Ana, Miguel e Jaime xa levan toda a semán alí e eu acheguéime onte á tarde a ver un pouco o ambiente. Nada máis entrar ó recinto portuario tedes a carpa da Organización, atendida por Noelia, a guapa e eficaz secretaria da Federación, e outras guapas rapazas, na que podedes mercar os tickets para as comidas e as ceas. A continuación teredes unhas carpas amosando oficios artesanais, logo veñen outra serie de carpas dos organizadores e de outras Asociacións. Tamén está a piscina para que naveguen os rapaces. E unha grande carpa destinada á apertura dos Encontros e ó servicio de restaurante. Por alí nos atopamos e saudamos a varios membros da Federación (Victor, Pablo Carrera, Xocas, etc...) (destes xa non vos vou a decir se son guapos ou non, jajajaja) Á tardiña ainda estaban chegando moitas das embarcacións que ...