PRIMEIRO DÍA NO ENCONTRO

Onte xoves, uns cantos Patexeiros estivemos na primeira xornada do X Encontro en Carril, recordade que este X Encontro xa empezou este pasado fin de semán en Vilaxoán

Ana, Miguel e Jaime xa levan toda a semán alí e eu acheguéime onte á tarde a ver un pouco o ambiente.

Nada máis entrar ó recinto portuario tedes a carpa da Organización, atendida por Noelia, a guapa e eficaz secretaria da Federación, e outras guapas rapazas, na que podedes mercar os tickets para as comidas e as ceas. A continuación teredes unhas carpas amosando oficios artesanais, logo veñen outra serie de carpas dos organizadores e de outras Asociacións. Tamén está a piscina para que naveguen os rapaces. E unha grande carpa destinada á apertura dos Encontros e ó servicio de restaurante.

Por alí nos atopamos e saudamos a varios membros da Federación (Victor, Pablo Carrera, Xocas, etc...) (destes xa non vos vou a decir se son guapos ou non, jajajaja)

Á tardiña ainda estaban chegando moitas das embarcacións que xa viñan de Vilaxoán. Debido ó forte nordés que sopraba , a meirande parte delas tiñan que ser remolcadas polas lanchas da organización.


Alí xa se atopan, entre outras o Ría de Ferrol, o Illa de Cortegada, o Rei do Mar, a Dorna Nai da Cofradía da Dorna, a Ravandeira, A Meca, a Peza de Rabo, a Nova Marina, a Irmandiña, parecéume ver chegar á Jalerna da Cofradía da Dorna, o Canouro, o Bote de Pau, varios barcos dos de Bouzas, varias dornas dos de Lajareu (a Moura, a Xaimiña....), un barco vikingo dos que están fondeados nas Torres de Catoira, varios barcos dos amigos de Euskadi,e tamén algún de Cataluña, incluso algún de Huelva, tamén un francés, e moitos máis,.... e como non o Arredemo, o noso barco máis fiel a estes eventos.


Non pudo ser, non pudemos levar este ano a Balbina, tampouco pudo estar a Betty, nin o Galeón, nin ese novo barco que xa temos a tiro e do que xa vos contaremos máis cousas, pero para o seguinte fixo que van.

Asistimos ó acto de apertura oficial, coa presencia do Presidente da Federación, o Director do Museo do Mar de Galicia, o Alcalde de Vilagarcía, a Conselleira do Mar e Conselleira de Cultura.

Logo procedemos á ceremonia de izado das velas, que nalgúns casos se fixo moi dificultoso para os barcos que estaban atracados ó través debido ó forte vento.

Moitos amigos, moitos coñecidos que enseguida se volven amigos, e outras caras novas que tamén pasarán a ser amigos.

Barcos, madeira, velas, música, Uxío cantando, xente bailando, ... estos son os Encontros..... e que non pare a festa

Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog