ULTIMAS NOVAS

O Blog da Balbina

O Blog da Balbina
Toda a información sobre a restauración do noso barco

PATROCINADOR OFICIAL

PATROCINADOR OFICIAL
Patrocina estas novas

jueves, 25 de agosto de 2011

Regata de dornas nas Festas de Palmeira

Como este mes os Patexeiros estamos facendo poucas actividades, e das que facemos non teño imaxes (asistencia á Regata de Redes, e á Regata de Ares) aquí vos mando un pequeno resúmen da Regata de dornas que presenciei o sábado 13 de agosto durante as Festas de Palmeira.

Cunha participación dunhas 11 dornas, case todas pertencentes ós nosos amigos do Lajareu por Barlovento, o sábado pola tarde tivo lugar a regata de dornas Festas de Palmeira, que saindo do Camallón (pedras enfrente ó muelle de Palmeira) deron a volta á illa de Rúa para volver a chegar ó Camallón.

No transcurso da regata, ó pasar por Rúa mezcláronse coa Regata Rías Baixas, e aquelo xa foi un espectáculo de velas na ría.


En primeiro lugar e gañador da regata chegou José Antonio "o panadeiro" patroneando a Sandra, unha dorna xa asídua de todas as regatas organizadas polo Lajareu por Barlovento e que grazas á súa constancia foi vendo a súa progresión estando fai anos nos últimos postos, como vedes nesta regata acadou o primeiro posto.

A poucos segundos chegaron Charlie e José "O carreirán" a bordo da Zoa.


De terceiro entraría José María "o de Juana" patroneando a Ardentía.



Tivo moito mérito o que chegou de cuarto, o amigo Fernando a bordo da Vikinga, xa que acadou ese posto tripulando él só a dorna.

A continuación entrarían a Áncora de Adelino e a Moura patroneada por Marcos.



A Lusiña de Antonio Manuel "O panarro" unha habitual nos primeiros postos, chegou nesta ocasión das últimas. ¿Tería algo que ver o cambio do proel "Ron" que tivo que asistir a unha voda?

Para os interesados podedes ver máis fotos no album dos Patexeiros.

Palmeirán

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Mi foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com