martes, 26 de xullo de 2011

II FEIRA MARIÑEIRA DE SADA

  Xa pasou un ano desde que participamos na Feira mariñeira. E ¿que significa isto? Que xa estamos para outra.
  Xa vos podedes imaxinar  a que imos montar en Sada este fin de semana. Podedes achegarvos alá a darnos bos consellos (o típicamente galego"Asi non e"), a mercarnos unha camiseta, unha cunca, a ver a Exposición - museo da Balbina, a aprender algo mais de nós mariñeiros, a criticarnos, a facervos unha foto coa regata de vela tradicional de fondo, a saborear as sorpresas que teremos para os vosos paladares, ou sinxelamente,   A SAUDARNOS

   Tamén, xa sabedes, que estaremos alá para nun brevísimo prazo abrir a preescripción para solicitar participar no concurso - oposición para facerse socio dos Patexeiros. Ahí falade con nós, que estemos dispostos a informaros.

    Anímovos especialmente aos que tedes embarcacions que vos alistedes na regata, que logo en terra daremos pinchos, e temos un concerto de música tradicional na nosa carpa de o grupo "CANTIGAS DA TERRA".

   Por certo, agora que falamos de regatas, decirvos que o Jaime, vai de lider na Copa Balbina, e que quedamos de 10 posto sobre un total de 23 na regata de Redes do pasado sábado.

   Ide ahí na páxina a descargas xerais e en "regatas e outros eventos" poderedes ver como foi todo de momento neste ano, na folla de Excell.

   Ahí podedes ver todas as clasificacions deste ano. Jaime, quedou de lider co pepe do osorio a 2 puntos na clasificación xeral.

   Volvendo á Feira, decirvos tamén que teremos o privilexio de compartir carpa coa Asociación de redeiras de Lorbé. Toda unha tradición viva. Se queredes saber algo sobre otema, alá estarán .

   E por último, deixovos aquí o programa de actividades previsto para a Feira Mariñeira na nosa carpa:

VERNES 29:



19:00: Montaxe da Exposicion de embarcacions tradicionais na beira da carpa dos Patexeiros


20:00 Montaxe e inauguración das exposicions na carpa:


Exposición : “ A Balbina, o derradeiro patexeiro”. Exposición de obxetos relacionados co barco, pezas restauradas, en restauración, exposición fotográfica do proceso de restauración, e instalación do mural – concurso “¿Onde estaba a Balbina no 1960?”


Exposición: “A ferramenta da carpintería de ribeira tradicional”. Exposicion da colección das pezas da colección de ferramenta de carpinteria tradicional da Asociación.


SABADO 30:


10:00


Montaxe do obradioro de carpintería tradicional na beira da carpa. Comenzo da actividade “Carpintería de ribeira na rua”


12:00


Actividade no Obradoiro: “O Calafateado tradicional con estopa e Brea”. Demostración de calafateado de xeito tradicional dunha das embarcacions expostas, calafateando ao xeito tradicional con estopa e Brea.


16:00


Presentación da regata de vela tradicional. Presentación do percorrido e participantes.


17:00


Comenzo da proba na auga. Regata de embarcacuions tradicionais enfrente o mercadiño Mariñeiro.


19:00


Entrega de diplomas para participantes na regata. Reunión de tripulacions na carpa dos Patexeiros. Pinchos para os participantes.






20:00


Concerto do grupo “CANTIGAS DA TERRA” de música tradicional. Dentro do marco de circuito de actuacions culturais financiado pola Excma. Diputación da Coruña, na carpa dos Patexeiros.






DOMINGO 31:


10:00


Comenzo do obradoiro permanente de carpintería na rua.


12:00


Obradoiro de redes . Demostración do proceso tradicional de encascado das redes de algodón, no que se teñían as redes con cáscara de Piñeiro para a sua conservación.


16:00


Reanudación do obradoiro de carpintería


17:00


Obradoiro de nos mariñeiros para participaren o público da feira de xeito gratuito.


19:00


Actividade divulgativa gratuita para o público: Explicación das distintas tipoloxías de embarcacions expostas e os seus usos na pesca. Demostracion das manobras fundamentais da vela tradicional.


20:00 Fin de festa coa tradicional BOTADURA DAS EMBARCACIONS NA PRAIA DE SADA


Acto co que se clausura a exposición en terra de embarcacions e no que o público da feira pode participar. As embarcaions son trasladadas á beira do mar , na Praia onde marcharán por mar ateo o ano que ven.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com