mércores, 13 de xullo de 2011

REMATOU O X ENCONTRO

E foise...., rematou...., botou o último suspiro.... O X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia abandoou Carril este pasado domingo dia 3.


Este ano os organizadores non o tiveron fácil. Os compañeiros de Rompetimóns non tiveron toda a axuda institucional que precisaron. Vamos, non é que non a tiveron toda, e que tiveron demasiado pouca, incluso ningunha de algunha institución.
 
Porque parece ser que conservar o patrimonio non está de moda. "Esos barquitos de madera son bonitos pero son un atraso" seguro que pensan algunhas "mentes pensantes" de algunha institución.

A culpa lévaa a crise económica. Pero tiñan que pensar que barcos como estes sacaron da crise a moitas xeracións, déronlles de comer a moitas bocas, e fixeron que algúns poidesen estudar esa carreira que lles permiteu estar hoxe ónde están. Pero diso ó mellor xa non se acordan.


Pois tranquilos, que xa conservamos nós o PATRIMONIO DE TODOS.

Bueno, ó caso.

Foi unha semán intensa para os organizadores.

Vilaxoán daba a benvida o anterior fin de semán ós primeiros barcos que alí estiveron dous días. E dende o pasado xoves 30 foi Carril a localidade anfitriona.

Foron máis dun cento de barcos os que se viron eses días por alí. Non estou seguro se irían todos os que estaban inscritos, pero ainda así había moitos barcos, e sobre todo había moitos amigos.

Unha marea de dornas, como non podía ser doutra maneira, pois estábamos na Ria de Arousa. Dornas polbeiras, xeiteiras, de tope, mecas, dornas nai, dornas e máis dornas. Daba gusto velas navegar pola súa Ría.

Alí estaban tamén os grandes barcos do Encontro: o Raquel C, o Cassandra, o Joaquin Vieta, o Ría de Ferrol, tamén o Rei do Mar, o Illa de Cortegada, o RH1, o Novo Sofía, o Ave de Paso, moitos, moitos e bonitos barcos que podedes ir vendo no noso  Album de fotos

Por certo, que o Ría de Ferrol levou durante todo o Encotro un extrano tripulante con pico, plumas, dúas patas e cresta, que uns decían que era galo e outros galiña, e que misteriósamente desapareceu o último día. Non sabemos se Bedoya tería algo que ver con esa "desaparición" vendo o orgulloso que luce a súa "proa".

E amigos de todos os recunchos deste país e dos do lado. Amigos de Euskadi que trouxeron varias embarcacións, de Catalunya, de Cartaxena, de Portugal e de Francia. Perdoade se me olvido de algún.

Polas mañáns os barcos estaban no peirao, e as tripulacións empezábanse a levantar uns e xa estaban a bailar e cantar os outros. Festa, moita festa.

Polas tardes saíamos a navegar pola fermosa Ria de Arousa.

O noso Arredemo saeu a navegar todolos días. Unhas veces tripulado por Jaime e Palmeirán, outras por Miguel e Palmeirán e o domingo  polos tres xuntos.

Ensaiamos a que xa vai ser coñecida como "a manobra de Miguel". Este home que é un estudoso da vela latina alá estivo dous días estudando a maneira de poñer a entena en cruz co mastro para navegar en empopadas. ¡¡¡ Imos a facer unha manobra espectacular !!!! Esa era a súa frase, e eu acojonado por se saía mal e facíamos o ridículo diante de tanto portento da navegación tradicional. E este home insisteu e insisteu ata que ó final foi. Haberá que ver as fotos que nos sacaron, a ver se realmente é espectacular. Navegar, si navegaba ben coa vela así.


O venres pola tarde Jaime e máis eu tivemos a sorte de navegar durante máis de 20 minutos entre os arroaces. Xogaban con nós, pasábannos por debaixo do barco, pegabannos chimpos na proa. Eles tamén estaban contentos de estar en Carril.


E o domingo cando nos achegamos ó peirao levámonos unha sorpresa. Alí fondeado estaba o Tina Husted de David (léase Deivid). Cando saíamos a navegar esa mañán baixamos a terra a falar con David e Maca, que nos explicaron que na súa singladura dende Sada, debido ás condicións do mar e do vento tiveron que demorar a súa chegada ata a madrugada do domingo, perdéndonse casi todos os días dos encontros. A David gustóulle tanto a Ría de Arousa que dixo que él se iba a quedar alí unhas cantas semáns.

Tivemos a oportunidade de visitar a Illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Lanchas da Organización nos forron acarrexando en gurpos ata o peirao da Illa e alí poidemos dar unha volta polos sendeiros que a circundan e ver a antiga aldea e a capilla.


As comidas e as ceas eran estupendas, xuntábamos cos amigos de outras asociacións e ó acabar empezaba a troula. Gaitas, tamboriles, pandeiretas, cunchas, bombos, valía de todo.¡ Moita festa, moita festa.!


O domingo despóis de comer, as voluntarias que nos deron de comer todos os días, déronnos unha sorpresa. Despediron o encontro cantando a canción Fisterra. E facíano tan ben, e con tanto sentimento que se vían moitos ollos brilantes entre os asistentes, e seguro que algunha bágoa chegou ó chan.

Os barcos empezaron a marchar, uns por terra, outros por mar, e outros como o Arredemo, un pouquiño por mar (ata o camping) e alí tras subilo ó carro xa por estrada de volta para Sada.

Adeus X Encontro, xa estamos esperando o XI.

Agora a esperar outros dous anos para ver a donde nos levan as nosas proas.

Palmeirán

2 comentarios:

  1. Ola amigos:
    hoxe saía unha non moi boa noticia sobre o Tina Husted, creo que non houbo que lamentar males maiores.
    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/07/13/antiguo-pesquero-danes-encalla-ria-arousa-altura-punta-xastelas/562627.html
    http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2011/07/13/0003_201107A13C3994.htm

    ResponderEliminar
  2. Pois non o sabíamos. Moitas grazas pola información. Xa lle dixemos a David que ollo coa Ría de Arousa que eso era un campo de minas. Por sorte só foi un susto.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com