PRIMEIROS DÍAS DO MERCADO MARIÑEIRO DE SADA

Xa rematou o segundo día do Mercado Mariñeiro, ainda nos queda hoxe domingo.

Ó longo destes dous días traballamos moito, pero moito, moito, pero as cousas foron saíndo máis ou menos ben. E o resultado global podemos calificalo como de moi bó.

O venres pola tarde quitamos os barcos do mar e os levamos para o noso stand.

A dorna saeu dende a rampa e os outros barcos dende o travelling do porto deportivo.

Camuflamos a carpa co atrezzo e o material de exposición. Tremenda carpa que tiñamos, como vedes nas fotos.

O sábado o único que nos fallou foi a demostración de carpintaría de ribeira na rúa por estar ausentes os carpinteiros, pero contamos coa Exposición da Ferramenta de Carpintaría de ribeira, coa Exposición temática sobre a Balbina e coa Exposición de imaxes antiguas de Sada que tiveron moitísimo éxito.

Fixemos tamén unha recreación do encascado de redes e velas. A xente se xuntaba alí porque parecía que estábamos facendo polbo á feira.

Era moi bonito ver como a xente mallor se emocionaba, algún ata chegou a botar unhas lágrimas, vendo as fotos e contándonos as súas esperiencias. Que si aquí había unha fábrica de gaseosas, que si eu descarguei moito patexeo, que si tiven que limpar moitos barcos patexeiros, que era moi bonito ver os carros de vacas e as "zorras" na praia cargando o patexo dende as lanchas patexeiras, que si traballaron na Balbina, etc...

Só por ver e oir os comentarios desa xente valeu a pena facer todo este traballo e estar días sen ver á familia por estar no stand da feira.

O mestre carpinteiro e socio de honra dos Patexeiros, D.José Luis Lino  tamén nos visitou e desta nos axudou dando explicacións ós visitantes de como era Sada no pasado, explicándolles as fotos que tiñamos na carpa.

O sábado pola tarde sobre as 4 e media, tivo lugar a reunión de patróns dos barcos que participarían na regata da Copa Balbina para recibir instruccións do comité da regata.



Sobre as seis da tarde celebramos a regata da Copa Balbina cunha grande asistencia de barcos, como podedes ver nas fotos. Alí estaban o Sauntress, o Canouro, o Arxil, o Osorio, a Desexada, e moitos máis.


Grazas a todos, amigos, por asistir a esta regata e axudarnos desa maneira.

O gañador desta regata, por suposto, o Sauntress, seguido polo noso novo barco da flota patexeira, a Desexada.

Ó acabar a regata, como non podía ser doutra maneira agasallámolos cuns pinchos e unhas cervexas, viño e refrescos.

Un pouquiño máis tarde das 8 tivo lugar diante da carpa a actuación de Cántigas da Terra. Unha actuación que aportamos ó Mercado Mariñeiro e financiada pola Deputación da Coruña..

Xuntóuse moitísima xente a ver a actuación. Tanto dentro como fora da carpa.


Cántigas estivo tocando, e tocando, e tocando ata casi as 12 da noite. Grazas tamén amigos, por facernos desfrutar da música e da vosa compaña.  Podédelos escoitar neste vídeo



E sobre as 12 e media da noite, pechamos a carpa, porque xa todo o mercado estaba pechado.

Queremos darlle as grazas especialmente ó Concello de Sada pola colabouración, a Marcos o Técnico de Cultura do Concello por desvivirse para que todo saíra ben (este home traballaba 26 horas ó día, era increíble), ó señor Lino que outro ano máis se veu preocupar por nós e a darnos explicacións, ás Redeiras de Lorbé (que ainda que non poideron vir polas baixas, Maruja se achegou a deixarnos as redes para encascar), a todos os participantes na Copa Balbina, ó Clube Náutico Recreativo de Sada por apoiarnos na regata, ó porto deportivo por deixarnos amarrar os barcos da Copa Balbina, a Cántigas da Terra por agasaiarnos coa súa música e por suposto, ó máis importante, a todo o público que nos visitou nestes días.



Iremos subindo as fotos destes primeiros días no noso álbum. Hoxe estamos moi cansados.

Palmeirán

Comentarios