xoves, 20 de agosto de 2009

III Concentración de embarcacions tradicionais en Ares

O Pasado sábado 15, tivo lugar a III Concentración de embarcacions tradicionais organizada polo C.N.Recreativo de Ares. Fíxose unha regata costeira de 2 h e media , e na que participaron 11 barcos. A clasificación foi:

1.- Abur C.M. de Redes
2.- Soundtress C.M. de Redes
3.- Teresa C.N.R. de Ares
4.- Cocodrilo
5.- Masmadera C.M. de Redes
6.- Alivanta C.N.R. de Ares
7.- Okeechove C.M. de Redes
8.- Gaviota C.N.R. de Ares
9. Matamo
10.- Mariñán II C.M. de Redes
11.- Reina de África C.N.R. de Ares

Lamentablemente Os Patexeiros non puidemos asistir, polo que pedimos disculpas oficialmente. A saturación de regatas e eventos nestas datas, fai que non se poda asistir a todas.

En calquiera caso, esperemos que o ano que ven puidamos participar.

Por outra banda, este sábado dia 22, celebraremos a derradeira regata de verán da Copa "Patexeiros", na que coma sabedes os de Ares seguen en cabeza. a quen lle apeteza, agardámosvos as catro da tarde na rampa da escola de vela (C.N.Recreatico) ou as 5 na auga, na liña de saída.

Con motivo do peche de tempada, o C. Recreativo organiza unha pequena sardiñada o rematarmos a proba, así que o que queira asistir debe avisar e pagar 5 €.

A vindeira semana, colgaremos a clasificación da copa, onde hai que sumar os puntos da derradeira regata nosa e os 3 puntos fixos os que participaron na concentración de Ares.

Ainda así, non remata aquí, xa que faltaría "A Parrocheira" de Ferrol", para sumar outros 3 puntos.

Bos ventos a todos/as

1 comentario:

  1. Ola queridos patexeiros la clasificacion es erronea se fixo un desafio o venres e o sabado foi a regata quedando de primeiro a dorna teresa de segundo a buceta o sorio e terceiro o abur asta a proxima vos ventos

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com