martes, 11 de agosto de 2009

Vamos a mais: Gran éxito da terceira regata en Sada


A pesar do tempo, a pesar das dificultades dos ventos de NNE de 12 a 15 nós, o pasado sábado celebramos a terceira das catro regatas de vela tradicional en Sada da Copa Patexeiros.
Ainda que o Líder, Pepe o do "O Sorio" do C.N de Ares segue a estar na primeira posición, desta fraqueou un pouquiño. Coma sempre, podedes ver a clasificación aquí:
Xa sabedes que canbiando as pestañas de abaixo vedes as clasificacions de todas as regatas e a Xeral

Os amigos de Redes chegaron coma as invasions vikingas, nun feixe de barcos dispostos a arrasar. E así o fixeron. O vencedor indiscutible destas duas mangas foi Paco, co "Abur", pero o Trebón e o "Masmadera" andivéronlle ahí detrás.


Os patexeiros volvimos a quedar un pouco atrás debido a dificultades técnucas. Por decilo así. Resulta que na buceta entraba auga pola borda nada mais sair, e xa non puido tomar a saída para non comprometer a seguridade. Pera a dorna "Boaventura", si o fixo, polo menos na primeira manga, onde rematou o percorrido perfectamente, facendo un estupendo papel.

Outro que tamen tivo algún problema na primeira manga, foi o "Alivanta", pero logo recuperou e tomou ben a saída, e fixo unha segunda manga moi boa.

Este sábado, haberá regata no C.N de Ares, así que todo o que participe, por favor que o diga para lle sumar os puntos.

Despois desta concentración de Ares, queda a derradeira regata dos Patexeiros en Sada e a Parrocheira en Ferrol.

1 comentario:

  1. I love the sea. It is very refreshing to go outside and have a break.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com