Xa rematou a Copa Patexeiros 2009

Parabens a Pepe, do "O Sorio" de Ares, polo triunfo acadado nesta primeira edición da Copa Patexeiros. A verdade e que non só gañou varias mangas das probas, senón que ahi estivo con boas ou malas condicios meteorolóxicas, acudindo as citas das regatas unha tras outra. Iso e, Pepe, esa e a filosofía que queriamos premiar, non so chegar de primeiro. Manter vivas as embarcacions e non apodrecendo nun museo (nin moito menos na ria).

Idemamos este trofeo para presentar como un reto, a ver quen llo quitaría a Sada, a ver en que ano será....
Pois mirade: no primeiro xa. O mito durou menos ca unha miga de pan nun banco de muxos do porto. E que non nos deu tempo nin a aprender a velear.

Pero estamos encantados coa participación de todos /as, e do interese que espertou. Ahí tedes a clasificación final, e ainda que pode que haxa algún erro nas puntuacións doutras concentracions, velahí podedes ver a cantidade de xente que pasou por Sada neste verán embarcada en maderira.

http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

Recentemente, acordamos facer da entrega da Copa, unha nova tradición, e que alá onde se vaia a Copa, terá que ir por mar. Ollo os dorneiros olimpicos das rias baixas.. coidado con vir aqui a gañarnos, que logo hai que ir en dorna para alá....e a Dorna e moita Dorna, pero o mar e mais mar.
Así que faremos festa, si, pero a Copiña haina que levar no barco a Ares, onde descansará neste inverno, e no vindeiro verán, o compromiso e devolvela a Sada na primeira regata, onde se volverá a poñer en xogo.

Así que....parece que cheira a festa en Sada ¿non si?

E a ver se vamos aprendendo a navegar....(iso vai por nós mesmos).

E tamén lanzo unha pregunta a ver que opinan os lectores: Por exemplo, se un tripulante dunha asociación fora a participar a outra, e resulta, se fose o caso hipotético que se afundiran, pero literalmente, afundir un 9 metros, ¿dámoslle os 3 puntiños igual?. Porque unha cousa e quedar de último na regata (que foi como empezamos) , pero rematar a tempada afundíndo un barco alleo...

En fin, coma sigamos así vannos chamar "os Paqueteiros"

Xa informaremos sobre o evento cando teñamos mais detalles, pero en principio pensamos facer unha especie de romería no final de Novembro ou principios de Nadal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog