luns, 20 de xuño de 2011

COMENZA A COPA BALBINA 2011

     Amigos da vela tradicional do Golfo Artabro:

    CHEGOU A TERCEIRA EDICION DA COPA BALBINA


  O Calendario de regatas para este ano e:

    1ª REGATA:  SABADO 25 DE XUÑO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA
    2ª REGATA: SABADO 30 DE XULLO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA
    3ª REGATA: SABADO 27 DE AGOSTO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA
    4ª REGATA: SABADO 24 DE SETEMBRO, AS 5 DA TARDE NA LIÑA DE SAIDA
     A liña de Saída estará formada pola boia e mais o barco do comité (unha neumática), e se situará fondeada na ria de Sada, mais ou menos frente a praia de Sada (dependendo do vento nese dia, moverase cara a Gandarío ou ao peirao)
     Xa sabedes que compartiremos campo de regatas con outras de vela lixeira. Hai mar para todos, pero por razons ovbias, eles tomaran antes a saída sempre. E sobre o percorrido de cada dia, informarase na propia liña de saida, porque en función do vento poñerase un ou outro.

   E xa sabedes, se podedes chegade con algo de tempo e achegádevos a nós a preguntar ou chamadenos para organizar ben a saida, que sempre hai un pouco de descontrol.

   Lémbrovos que os sinais auditivos son:
   - Varios pitidos seguidos: Aviso de todos os barcos a navegar nas proximidades da liña de saída
   - Primer Pitido longo: 5 minutos
   - Segundo pitido longo: 4 Minutos
   - Tercer pitido longo:  1 minuto
   - Cuarto pitido longo:  SAIDA
    Como sempre, xa sabedes que a copa puntúua por persoa e non por barco, así que xa sabedes, para os mariñeiros mais torpes, intendade acoplaros coas mellores embarcacions. Se non e así malo será que Os Patexeiros non teñamos un sitio para vos....

  En Fin, xa sabedes que este título non so premia o mais rápido, senon o "estar ahí", a participación, a constancia e a regularidade, porque como decimos nós ¿que sentido ten chegar de primeiro se o churrasco non se fai ate que entre o último?. Esa frase  (que parece da Biblia), penso que pode resumir a nosa filosofía deportiva.
   A puntuación, xa sabedes, como todos os anos e variable nas regatas de Sada organizadas por nós (en colabouración co C.N.Recreativo e fixa para outros eventos de vela tradicional do Golfo Artabro onde se acredite a participación (basta con avisar mediante Correo)

   Nas regatas de Sada , puntúase con tantos puntos coma barcos participen na manga, segundo a orde de entrada para o primeiro, e un menos para o segundo, dous menos para o terceiro, ate 1 para o derradeiro.
Tamén levara 1 punto o descalificado ou o que non remate a manga.

  As regatas en Sada, serán breves, pero sempre e cando o tempo o permita, faranse 2 mangas.

  Por favor, prégase a todos os patrons que queran participar, que nos en´vien un correo co nome do barco, os tripulantes habituais e sobre todo un teléfono para poder avisar se houbese aprazamento, suspensión, medificación de hora de saída, etc. POR FAVOR E MOI IMPORTANTE PARA FACER UNHA BOA ORGANIZACION PODER CONTAR COS TELEFONOS DOS PARTICIPANTES.

   Tamén vos recomendamos e vos pediremos que na medida do posible levedes un VHF portátil. Así vos poderemos avisar das incidencias da regata moito mellor, e sobre todo pola vosa seguridade. Se podedes levar o VHF , habilitaremos unha canle para a regata.

    Para ir mirando a clasificación, fotos, etc estade atentos a esta páxina, e vos iremos informando de todo coa puntualidade que poidamos.

    Como sabedes, este ano que hai Encontro de Embarcacions en Carril, e que dura 4 dias , puntuamos con 3 puntos por dia de participación no mar (regata ou paseo en barco propio ou alleo). E coma sempre, os 3 puntiños que damos pola participación en Redes e os 3 puntos da Parrocheira de Ferrol e mais os 3 da regata de Ares.

     Aproveitamos a ocasión para lembrar o Palmarés oficial dos Patexeiros:

     E tamén para animarvos para que vos animedes un ano mais a vir a navegar con nós a ría de Sada


  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com