Xa foi alá por finais de xaneiro do 2010 que me atopaba eu dando unha volta polo Portiño cando me fixei nunha buceta que parecía que iba a acabar como acaban moitos destes barcos. E alí lle tirei unhas fotos. E este era o seu estado a principios do 2010.
Pasou o tempo e a finais de marzo do 2011, con motivo da organización dunhas xornadas sobre o Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro, conxuntamente co C.N.Punta Bufadoiro e o GAC do Golfo Ártabro, enterámonos que os amigos de Mera se fixeran ca Lolita, a mesma buceta que vira eu no Portiño algó máis dun ano antes.
Este era o seu estado cando chegou ó estaleiro de Pepe en Lorbé a quen lle encargarían a súa recuperación.
Cando Pepe, o carpinteiro, se puxo a traballar nela uns días despóis, e empezou a desfacer toda a cuberta, cando a vimos con este aspecto, moitos non pensaban que se poidera facer moito por ela.
A medida que iba pasando o tempo, xa se lle empezaban a ver formas.
E fai unha semán levéime unha agradable sorpresa cando fun darlle unha visita a Pepe, e vin a buceta con este aspecto, co mastro e o temón listos.
Outro barco que deixará de ir para a fogueira grazas ó entusiasmo dos nosos amigos e veciños do C.N.Punta Bufadoiro de Mera. Parabéns, amigos. Esperámosvos ver nalgunha edición da Copa Balbina regateando con esa estupenda buceta, a ver como navega.
Palmeirán







Ides lle poñer motor ou vai ir só a vela?
ResponderSuprimirComo vos digo na nova, recuperóuna o C.N.Punta Bufadoiro, non nós. Pero imaxino que irá só a vela.
ResponderSuprimirLorbé vaise convertir nun sitio de peregrinación.
ResponderSuprimirPepe fai miragres :-)