Octava xornada do curso de carpintaría

Este sábado continuamos cortando varengas e genoles para ensamblar as cadernas de proa nºs 3, 4 e 5.

Montámos a mesa accesoria á serra para poder darlle as caídas axeitadas a cada líña de auga á hora de cortar as pezas. Esta mesa é unha solución moi cómoda á hora de cortar ás cadernas.


Empezaron os mestres, Pepe á serra e David elevando a mesa para ensinarnos como tiñamos que facer.

Moncho tomou boa nota de como usar a plomada combinada coa mesa, e logo xunto con Jorge á serra (dous alumnos aventaxados) procederon a cortar o resto das pezas. Por suposto, sempre supervisados polos mestres para evitar calqueira tipo de accidente.

Aquí vemos a Jorge, cortando un dos genoles.








Algúns alumnos chegaron un pouco tarde, ainda que as ansias de asistir ó curso fixeron que algún ata acudise por mar. Era o noso Roberto, que viña de achicar a Balbina, que coas choivas tiña demasiada auga a bordo.

Unha vez cortadas todas as pezas, dirixímonos por parellas ó taboleiro de formas para ensamblar as cadernas.

Aquí vemos a Jorge e Moncho armando a caderna número 3 de proa.


En canto deixaron o taboleiro libre, Miguel Abad e máis eu pasamos a montar a caderna número 4. Logo de armalas, levábamolas ó banco a rematalas co bastrén e co cepillo.


Aquí vemos unha caderna lista.


De seguido, Luisjo e Roberto montaron a caderna número 5.




Como vedes na foto do taller, estamos traballando ó mesmo tempo na nosa futura buceta e no outro barco de 8 metros no que nos tocará traballar para a vindeira semán banceando.

Nestas fotos vedes xa o estado no que se atopa o barco. Os baos son de acacia e eucalipto, e o forro será de iroko e samanguila.

Aquí podedes ver as baradoiras de samanguila.


Para a semán, máis fotos e máis impresións sobre este interesante curso dos Patexeiros.

Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog