Fin de semán movido

Este fin de semán tivemos varios eventos Patexeiros.

O venres pola tarde estiven no local del Lorbé pintando as cadernas que se colocarían o sábado no cursiño e preparando un pouco o local para a Asamblea anual dos Patexeiros.

O sábado pola mañán celebramos a nosa Asamblea anual ordinaria onde se aprobaron as actas anteriores, se informou ós socios do estado das contas, falamos das actividades desenvoltas no ano 2011 e tamén fixemos as propostas de actividades para este ano 2012, que se centrarán en ter a nosa flota a punto.

Tras debatir varios temas douse por finalizada e pasamos a degustar uns pinchos mentres esperábamos que por mar chegase a Copa Balbina dende Ares, a bordo do Osorio, o patrón e barco gañador da edición 2010, para facer a entrega da Copa e un trofeo acreditativo ó gañador do 2011, o Patexeiro, Jaime.

 A Copa chegou por mar, como debe ser, dende Ares. Foto de José Antonio de Ares


Nestas fotos podedes ver como Pepe felicita e entrega a Copa Balbina ó novo gañador, Jaime

Por fin a Copa Balbina retorna a Sada tras dous anos consecutivos en máns de Pepe do Osorio. Agora botará ata a edición 2012 á vista de todos nun coñecido local de Sada.



Unha vez rematada a entrega do premio, fomos visitar a Balbina a bordo do Osorio volvendo ó pouco de novo ó porto de Lorbé, xa que ás 4 empezaba outro módulo máis do curso de Carpintaría, e despedíanse varios alumnos de módulos anteriores.
 
Como era o seu desexo, os alumnos de módulos anteriores, querían ver colocadas as cadernas que estiveron facendo ó longo de todos estes meses e alá fomos.
Empezou o mestre, Pepe, colocando a caderna mestra, ensinándonos como se facía, centrándoas, colocándoas nas marcas que tiñamos na quilla, e cravándoas provisionalmente cun só clavo para poder facer correccións posteriores.


Logo entre o resto dos alumnos se foron colocando, unha a unha todas as demáis.

Algunhas xa estaban tratadas co fondo e co tratamento final e secas, outras ainda estaban co tratamento fresco e outras ainda non recibiran a imprimación.


Incluso había unha caderna que estaba sen ensamblar e con ela se puxeron un par de alumnos.


Sobre as 7 da tarde xa tiñamos todas colocadas, se lles dou a imprimación ás que faltaban,  e este era o aspecto que tiña o conxunto ensamblado.


Agora quedábanos o laborioso traballo de alinealas, aplomalas,  escuadralas e coidar que todas estivesen coa mesma separación dos 21 cms que tiñamos como referencia.


E empezamos esto suxetándoas cuns barrotes que marcarían a fasquía á altura da linea de cuberta.

Mentres se facía todo o traballo de colocación de cadernas, etc..., os alumnos que se incorporaban a este módulo recibían as nocións básicas sobre afiado, asentado, ferramentas e materiales por parte do mestre David, e empezaban a facer prácticas sobre o aprendido.


Durante esta xornada casi todos estivemos ocupados con un ou outro traballo e se pudo rematar por completo o proceso de colocación das cadernas, quedando só agora sacar as plantillas das tres últimas cadernas de proa e das tres últimas de popa, as que se atopan mesmo encima do macizo.

Unha xornada moi productiva que se alongou case unha hora máis do remate oficial da clase debido ás ansias que tiñan os alumnos por rematar de colocalas todas.

Para a semán máis....


Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog