Tamén, como xa temos almacenado certo material que nos van cedendo, sobre todo ferramenta antígua, así como o material que estaba abordo da Balbina cando nos fixemos con ela, decidimos crear unha especie de pequeno museo Patexeiro, que como xa tedes visto noutras reportaxes deste blog, levamos a algúns eventos nos que participamos.
Así que este venres estivemos Francisco e máis eu acabando de pintar, montando unha mesa e ordenando xa un pouco as cousas que van a ir para esa zona.
Ainda falta un pouco para rematalo, pero xa vai quedando chuliño. A pena é que non mida 100 metros cadrados.
Palmeirán
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com