sábado, 6 de outubro de 2012

Traballando en varios barcos: A Desexada e a Betty

Estes últimos días estivemos traballando en varios barcos.

Como a cana do temón da Desexada rompeu na última proba da Copa Balbina, pois este xoves estiven aproveitando un puntón empenado que tiñamos no local patexeiro, para ir dándolle forma a unha nova cana para a Desexada.

Gustaríanos facerlla dunha madeira máis noble, pero nesta época de recortes hai que ir aproveitando a madeira que temos.

O venres pola tarde acompañóume Francisco que trouxo o cepillo eléctrico e foi acabando de darlle forma.

Agora fáltanos rematala e xa deixamos de novo o barco operativo.

Por outra banda eu empecei os traballos noutro barco, a Betty, que teño en dique seco dende fai uns anos, e ó que non lle puden adicar o tempo que necesita por estar traballando noutros barcos da flota.

Pois desta tocóulle a que lle metera man.

Como tiña varias taboas da cuberta podres ou pasmadas, decindinme a ir cambiándollas.

Empecei polo costado de babor, desfacendo a cuberta que está danada e tamén uns parches que tiña, que ainda que estaban en bo estado, se se fai unha parte nova, non queda estético que queden parches polo medio.

Vou a aproveitar unha parte da primeira táboa trancanil, xa que se atopa bastante ben, e sería complicarse moito cambiala toda, máxime sen desmontar a tapa regala, porque me verei obrigado a facerlle un apaño dándolle un corte na línea dos barraganetes e meténdoa dende fora.

De momento acabei de desfacer a parte morta e vóume a poñer a sanear os baos mentras non traio as táboas novas.





Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com