O Freixo-Outes acollerá o XI Encontro de Embarcacións Tradicionais

 Foto da páxina do Concello de Outes

Así se acordou por unanimidade na Asamblea da FGCMF celebrada este sábado en Castrelo-Cambados.

A candidatura foi presentada pola Asociación Terra de Outes, que contará coa implicación das Asociacións da Federación, Mar de Muros, Canle de Lira, A Ostreira de Abelleira, Mar de Noia e Joaquín Vieta, para poder levar a cabo este proxecto.

Asimesmo tamén contan coa colaboración do Concello de Outes, as Cofradias de Pescadores, e varias asociacións veciñais que se comprometen a prestar axuda e voluntariado para poder levar adiante o XI Encontro.

Dende a A.C.M. Os Patexeiros desexámoslle moita sorte coa organización deste gran evento, e pola nosa parte, empezaremos dende xa a preparar os barcos para poñer proa ó Freixo alá por xullo de 2013. As datas fixas ainda non están confirmadas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog