GALA DE PECHE DE TEMPADA DOS PATEXEIROS


 Este vindeiro sábado día 15, a partires das 17:30 horas, olvidade todo o que tiñades pensado facer e vide a Sada porque terá lugar a Gala de Peche de Tempada da Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros no Salón de Plenos do Concello de Sada, sito no antiguo edificio da Comandancia de Marina de Sada, .

O menú, como estamos en tempo de crisis será o seguinte:

Entremeses:
- Empezaremos cunha pequena presentación da nosa Asociación, quenes somos, etc...
- Logo faremos un breve resumo das actividades e eventos que levamos a cabo neste 2012.

1ºs pratos:
- Proxección de imaxes correspondentes á 3ª Edición do Curso de Carpintaría de ribeira 2011-2012
- Entrega de diplomas ós alumnos do Curso.
- Proxección de imaxes da Copa Balbina 2012.
- Entrega da Copa Balbina ó gañador e premios ó 2º e 3º clasificado.

2ºs pratos (e non menos importantes ca os primeiros):
- Charla a cargo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial
- Pequena presentación do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais O Freixo-Outes (pte. de confirmar)

Postre:
- Gran actuación estelar do Grupo de Gaitas de Cántigas da Terra.

E por se quedáchedes con fame ainda, logo tomaremos uns pinchos e unhas garimbas no Bar Pescador ó lado do Salón de Actos para celebrar o peche de ano e o Nadal.


A actuación de Cántigas da Terra está prevista a partires das 7 da tarde.
O acto acabará sobre as 8 da tarde e logo iremos tomar os pinchos.

Esperamos contar coa vosa presenza.

Comentarios

Publicacións populares deste blog