Fin de semán en Lorbé

Pola semán, foime imposible ir a traballar a Lorbé, pero si foi o compañeiro Fran e rematou de armar o cuartel da Desexada.

O venres pola tarde acheguéime ata alí e procedín a sellar as xuntas.


Tamén rasquei e apliqueille Oxirite de Xylazel ó soporte da matrícula e luces dun remolque que nos regalaron para transportar as embarcacións máis pequenas.

Esa mesma tarde achegóuse Martiño a buscar un dos remolques para ir coller a buceta Punta Fiateira e preparala para navegar este verán. Eu tiven que sair antes co que non lles puden botar unha man. Estiveron Pepe e máis él cargándoa no remolque para traela para o local.

O sábado pola mañán lixei o cuartel da Desexada e dinlle unha imprimación, queda listo para darlle o Lasur Xylazel.

Achegóuse a Lorbé tamén Miguel Marta e estivo traballando nun carro de varada, cambiándolle as rodas para o que tivo que adaptar os anclaxes.


Eu, unha vez rematado de imprimar o cuartel estiven desmontando a falsa regala da Desexada, que estaba podre.


Unha vez quitada, empecei a facerlle unhas pezas novas, aproveitando unha boa madeira de xatoba que nos quedaba polo local, a ver se aguanta máis ca o piñeiro. A pena é que son pezas moi pequenas e teño que facer moitos tramos.

Antes de irme, dinlle unha man de Oxirite ó carro de varada que estivo preparando Miguel.

A ver se esta semán fai bo tempo e podemos darlle caña á preparación da Desexada. Imos moi xustos.

Palmeirán.

Comentarios

Publicacións populares deste blog