luns, 23 de setembro de 2013

COPA BALBINA 2013 - ANUNCIO DE REGATA


COPA BALBINA 2013

ÚNICA PROBA A DÚAS MANGAS
SADA
SÁBADO 28 DE SETEMBRO 
NA RAMPA DO CNRS ÁS 16:00 HORAS
SAÍDA DA PRIMEIRA MANGA ÁS 17:00 HORAS
AVISOS: VARIOS PITIDOS
1º SINAL: 5 MINUTOS E BANDEIRA AMARELA
2º SINAL: 4 MINUTOS
3º SINAL: 1 MINUTO
4º SINAL: SAÍDA E BAIXADA DE BANDEIRA AMARELA

SEGUNDA MANGA: EN CANTO ENTRE O ÚLTIMO VÓLVENSE A DAR OS AVISOS.

HABERÁ TROFEOS PARA OS TRES PRIMEIROS BARCOS CLASIFICADOS

Por fin, este ano podemos levar adiante a Copa Balbina. Por diversos motivos non a pudemos organizar antes, nin co tradicional formato de 4 regatas e puntuación por participación noutros eventos.

Tras a insistencia e a espera de moitos de vós, imos a facela este ano cun novo formato de REGATA ÚNICA A DÚAS MANGAS porque xa non queda tempo para máis.

Esperamos para o ano que ven volver a facela co formato de catro regatas.

O percorrido será entre dúas boias Barlo/Sota e a dúas mangas.

Iremos subindo un extracto do regulamento nos vindeiros días.

Esperámosvos ver a todos nesta regata que pechará a tempada de navegación, porque logo subiremos os barcos a terra para que non nos pasen as catástrofes doutros anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com