luns, 14 de outubro de 2013

Empezando traballos na Balbina

Hoxe empezamos a campaña invernal de traballos no noso barco insignia, A Balbina, ó que temos olvidado ó longo de todo o verán no que estamos navegando e facendo outras actividades co resto dos barcos.

Como todos os anos cando vai chegando o inverno poñémonos a traballar neste barco. Solemos varalo e traballar nel en seco.

Visto o resultado que nos dou o pasado inverno, que non parou de chover e non poidemos facer casi nada do que tiñamos pensado, este ano imos deixalo no mar.

Iremos traballar a bordo os días que faga bo, e o resto do tempo faremos traballos e pezas no taller e as acarrexaremos no chinchorro ata o barco cando as haxa que colocar.

Logo, posíblemente cando o inverno vaia máis avanzado, a subamos ó carro para repasarlle a obra viva, dar patente, etc...

Esta mañán xa fomos a bordo a limpalo, baldealo e achicalo, e como sempre, podedes ver a información actualizada dos traballos da Balbina no seu propio Bloge.


















Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com