domingo, 9 de febreiro de 2014

OUTRA XORNADA MÁIS

E continúa a bo ritmo, a construcción da buceta no Curso de carpintaría.


Hoxe seguiron frasquiando e bordeando.

Os alumnos están moi entusiasmados con ver a buceta rematada. E non lle chegan as horas que sempre quedan máis tempo. Pepe vailles ter que deixar a chave, porque ás veces se tiran alí ata pasadas as nove da noite.

Algúns xa manexan complétamente o arte do frasquiado.


Dolores xa consigueu dominar o corte coa serra de cinta.


Lino confesa que aprendeu que neste oficio o "a ollo" e o "ir  facendo" tamén son moi importantes.

Agora xa non lle preguntan tanto a Pepe, xa son autónomos,  frasquían, fan a plantilla, despezan a táboa, féndenna ó medio, córtana coa forma axeitada, repásana co cepillo, aséntana, crávana e botan as puntas, sempre coa supervisión do mestre pero xa como un proceso habitual.


Gustavo, Daniel, Lino e Rogelio formaron un bo equipo para ir traballando na banda de babor.


Moncho, Dolores e Jose estiveron pola banda de estribor.


Javier e Rafa, estaban polas dúas bandas.



Hoxe faltáronnos uns cantos alumnos, cando veñan para a seguinte xornada van quedar sorprendidos de todo o traballo que fixeron os compañeiros este sábado.

Hai táboas que fai falla virar moito para axeitalas ó sitio, os alumnos van a mollalas para poder traballalas mellor.

Uns van ó mar, como debe ser, coa auga salgada.


Incluso arriscando a coller unha molladura por mor do mar de fondo.



Outros, son cans vellos, xa as saben todas e prefiren ír á villa, que lles queda máis á man.

Moncho, Moncho, que xa sabes que eu son como os de "O que o ollo non vé"!!!!!!!!

Hoxe, tiveron que facer un novo procedemento "o copeo", porque xa se aproximan a partes onde as cadernas teñen moita curvatura e hai que "copear" a traca, o bance, para axeitala á curva da caderna.


Este copeo faise cun cepillo con forma e folla convexos.

Podédelo apreciar na seguinte foto.



Ó remate da xornada, quedóunos a buceta tal como vedes.


Como vos comentamos na anterior entrada, imos prolongar un pouco máis o curso, vendo o interés demostrado polos alumnos e coa intención de que vexan rematado o seu traballo e poidamos facernos a foto co barco listo (ou casi).


Podedes ver moitas máis fotos no noso facebook.

Palmeirán





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com