Dous barcos Patexeiros na VIII Concentración de vela tradicional de Ares (sábado 9 de agosto)


O sábado seguinte ó Gran Premio de embarcacións tradicionais de Perbes, tocóulle o turno á cita de Ares,  a VII Concentración de vela tradicional de Ares - Memorial José Antonio Zárate, e alá nos fomos Os Patexeiros.

Nesta ocasión foron A Desexada tripulada por Moncho, Dolores e Chimpo, e a Boaventura tripuladas por Pepe e Jaime. Por cuestións de axenda, a Feituca quedou fondeada en Sada.




A singladura ata Ares tivo pouco vento, co que a tripulación da Desexada aproveitou para fortalecer un pouco os biceps a base de xarope de remo, mentras os señoritos da Boaventura, moito máis lixeira, aproveitaron para ligar bronce nos seus torsos.





En canto avistaron Ares, fixerono saber a toque de corno.



Un total de 19 barcos asistiron a esta Concentración, que demostra o poder de convocatoria do C.N.Ría de Ares.

Regata con pouco vento na que resultou gañador o Sauntress de Redes, seguido do Abur e do Alivanta do amigo Juanjo Díaz Fungueiriño.


A dorna Albatros dos nosos amigos de Perbes rematou en 5ª posición.


 Este barco cada día leva máis tripulación e anda máis. Cál será o seu segredo?.... preguntábase Moncho, o patrón da Desexada.


Con respecto ós nosos barcos, a Boaventura rematou 7ª e A Desexada en 8ª praza.


A orgullosa tripulación recolleu os seus premios.


Nas fotos podedes ver a Moncho, a Jaime, e a Chimpo coas súas medallas.




A seguinte cita, a 3ª regata da Copa Balbina do 30 de agosto.

Palmeirán

Comentarios