domingo, 1 de marzo de 2015

Segunda xornada do Curso de Carpintaría

Este pasado sábado xa contamos coa presencia do mestre David, co que xa poidemos recuperar a charla técnica aprazada o sábado anterior.


David, dóulles unha charla sobre as técnicas de afiado e asentado, e os que empezaron esta semán fixenron unha pequena práctica de afiado. Expricóulles cómo se procedía ó afiado de distintas ferramentas, trenchas, cepillos, serróns e serras.


Tamén estivo falando das propiedades da madeira, febras, durezas, etc....

Un pouco antes do descanso, saíron a ver in situ na Balbina, en qué se tiñan que fixar para detectar partes dañadas na madeira, e dende onde tiñan que empezar a saneala.

Logo, xa na segunda parte, estiveron vendo sobre un modelo de medio casco, cómo se quitaban as cadernas e como sacar as plantillas dende o taboleiro de formas.


Xornada moi teórica pero que fixo manter a atención a todos os alumnnos.


Para a semán empezarán as xornadas eminentemente prácticas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org