luns, 12 de decembro de 2016

6ª Xornada do Curso de Carpintaría

Este pasado sábado día 10 de decembro tivo lugar a 6ª sesión do curso de carpintaría de ribeira.


De novo, o tempo acompañou e os alumnos volveron a traballar fora, ó soliño.


Nesta xornada estiveron adicados por enteiro ó bote das Rias Altas.


Fixeron varias pezas do courel, que xa tiñan marcada a plantilla da xornada anterior.


Na banda de babor xa o cravaron ós barraganetes.


Tamén xa fixeron a busarda, cravárona e lixárona ca radial para poñela a paño co caurel


E por último escomenzaron a facer as plantillas da sorraina.


Por suposto, marcándolle os imbornais típicos do Golfo Ártabro.


Nun principio o curso tiña que rematar hoxe pero visto o entusiasmo que estaban demostrando os alumnos nos últimos días, tanto o mestre Pepe como Os Patexeiros , facendo un pequeno esforzo económico polas dúas partes, imos a agasallalos cunha última xornada adicional, na que ademáis de intentar rematar de poñer a sorraina e empezar a botar unhas táboas da cuberta, poden aproveitar para repasar algún procedemento que non lles quedase claro ó longo das pasadas 6 xornadas.

Polo tanto, o vindeiro sábado, máis!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com