Logo volos ensinamos a todos na nosa web e no caralibro.
Nesta ocasión, aproveitando a semán contínua de festas en decembro, o noso compañeiro Ramóm pasou por Venecia. Non, non iba recoller o premio de ningún festival, disque iba comprobar como escapaba Casanova pola ponte dos suspiros cando o marido de turno o perseguía.
E alá nos pasa unhas fermosas imaxes dos barcos tradicionais dese lugar único a onde todos deberíades ir polo menos unha vez na vida. Sí, igual que a San Andrés de Teixido.
Moita xente ten a idea de que alí só hai góndolas, así que como vedes nesta pequena reportaxe, hai outras tipoloxías..
Por suposto, a góndola é a máis representativa, por iso apenas nos pasou a foto de algunha.
Ainda que tamén os estupendos taxis que percorren a lagoa e as canles, que nos recordan moitas películas.
Tamén nos envía imaxes dun estaleiro tradicional.
Qué marabilla!!!. Non digades que estas construccións non merecen a pena ser conservadas????
Pois agora contádello ás nosas Administracións.!!!!
Ainda tivo tempo de visitar o Museo do Arsenal, onde podedes ver unha torpedeira de madeira.
Ou o iate de Vitorio Emmanuel II, un dos últimos Reis de Italia.
Tamén esta curiosa embarcación siciliana que nos trae recordos a unha dorna das nosas.
Espectacular esta embarcación a remos, moito máis estilizada ca os triremes romanos.
Ou estas outras....
Unha pena que non poidese visitar o museo naval por estar pechado.
O que temos claro e que o noso compañeiro non bebeu moito na súa visita a Venecia, vista unha das fotos que nos envía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com