luns, 19 de decembro de 2016

Remate da 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira


Despois de 7 xornadas de intenso traballo, e algo de cachondeo, que senón o traballo faise moi aburrido, chegou ó seu remate esta 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais, que levamos ó cabo en Lorbé.

Para esta última sesión, os alumnos seguiron traballando no bote das Rías Altas.

Remataron de facer as plantillas da sorraina, pasáronas á táboa e deixaron colocada a parte de babor.

Logo empezaron a facer a da banda de estribor. Un dos alumnos xa se atreveu a frasquiar baixo a supervisión do mestre.

Aquí vemos a Ángel e a Vicente cortando o sobrante dos barraganetes.

Nestas imaxes vedes a Manuel rebaixando ca aixola a parte interior da sorraina co obxecto de que quede un espazo entre sorraina e barraganetes e poida evacuar a auga.

Aquí, marcando os imbornais na táboa e logo cortándoos.

Ó remate da sesión e para despedir a esta promoción agasallámolos cunha pinchada a base de tortillas, queixo, chourizos e bebidas variadas. E as famosas galletas suizas da compañeira Dolores.

Para a entrega de diplomas ós alumnos, achegóuse ata Lorbé en representación da Xunta Directiva, o noso tesoureiro Jaime, e entre él e o coordinador do curso, Javi Aguado, fixeron entrega dos diplomas acreditativos de asistencia ó curso ós alumnos presentes.

Algún deles non pudo asistir por ter xa comprometida esta data, que como vos dixemos no resumo da xornada anterior foi un agasallo a maiores dos Patexeiros e o mestre carpinteiro.


Desexamos que tiveran aprendido moito nesta edición, que lles entrara o verme deste fermoso mundo das embarcacións tradicionais e que se animen a seguirnos e a poñer en práctica os coñecementos que aprenderon ó longo destas 7 xornadas.


Moitas grazas a todos por participares nesta edición. Sentímonos moi orgullosos do voso traballo e a vosa dedicación.

Aquí nos tedes para o que precisedes e vos poidamos axudar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com