luns, 12 de xuño de 2017

Navegación astronómica????. Non. Gastronómica!!!! .

 Dende que empezamos a botar os barcos ó mar, o pasado 20 de maio, xa foron varias as navegacións que se levaron ó cabo cos distintos barcos.


Un dos que máis saeu foi Ramóm ca súa Rabuda, unha fermosa dorna construída por Domingo Ayaso e aparellada con cangrexa e foque.

Aquí, a Rabuda, con José Manuel a bordo.

Tamén A Feituca, de Pablo, saeu en varias ocasións, sempre buscando esas caliñas tan íntimas que a él tanto lle gustan. Que vicio tén a criatura!!!! E tanto que se agacha, que nin unha imaxe del temos navegando e iso que os nosos satélites espía non paran.

E A Desexada, que tamén está saindo cada fin de semán, normalmente patroneada por José Manuel, xa que a tripulación oficial (Naveira e o palmeirán) ainda non está ociosa,  e que se está convertindo na sede da Sociedade Gastronómica Patexeiros sen Fronteiras.


Si, como vedes, aproveitan calqueira ocasión para invadir o barco con viandas, exquisiteces e todo regado con caldos elexidos por un experto soumiller.


En vez de entrenar para a Copa Balbina, máis ben parece que están entrenando para a vindeira edición de Top Chef.

A ver se as barrigas non van medrando moito con tanta cheúra e fan de lastre nos barcos.


(por Palmeirán)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com