domingo, 25 de xuño de 2017

San Xoán Patexeiro

Outro ano máis, e xa van ..... , en colaboración cos nosos amigos e socios loxísticos do C.N.R.S. celebramos unha estupenda noite de San Xoan.


O San Xoan Patexeiro, como nós o denominamos é unha pequena festa para conmemorar a noite máis curta do ano, cos socios e amigos arredor dunha boa fogueira.

Este ano a participación de Patexeiros foi en aumento.



O mestre de cerimonias, coma sempre, o noso Jaime, ó que aquí vedes facendo a queimada, non sabemos se botando o esconxuro ou botando pestes.

Os máis valentes atrevéronse a saltar a fogueira, e incluso a darse un baño a altas horas.


O importante é pasalo ben todos xuntos.

Ata o ano que vén.
Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com