Presentación oficial do XVI Encontro de Embarcacions tradicionais

      Onte presentouse oficialmente o XVI Encontro de embarcacións tradicionáis na capela de San Roque. O Acto estivo presidido pola Alcaldesa María Nogareda e o presidente de Culturma Pepe Sacau. 


    

     Pero ademáis onte os Patexeiros estivemos de celebración múltiple, xa que inauguramos a nosa exposición "15 anos de patrimonio marítmo" na Capela de San Roque, Exposición que se poderá ver ata o 31 de Marzo.  

    Na exposición, pódese ver unha escolma do material que temos recopilado, con pezas de museo realmente interesantes, mostras dos traballos feitos no curso de carpintaría, aparellos de pesca, maquetas, e mesmo un mini documental sobre unha carpintaría de ribeira para Realidade Virtual


    

        O mellor e que viñades a vela, porque hai moitas mais sorpresas que haberá que descubrir alí. 

 E ademáis, fixemos a entrega da copa balbina, o trofeo de referencia do golfo Artabro na vela tradicional. Este ano, tivemos sorte e quedou na casa. O Terceiro clasicicado foi o Nordesía dos Patexeiros: 

 

 O Segundo posto foi para o Loenak, de Ares:



 E o primeiro..... O Canouro, tamén dos Patexeiros:



    


Comentarios

Publicacións populares deste blog