Publicacións

Se os Alemans puideron, Os Patexeiros tamén

Imaxe
Xa sabedes que logo da segunda guerra mundial, iso que lle chamaron "O milagro Alemán", que non só reconstruiron un pais en ruinas senón que ainda por riba se converteron en potencia mundial.... Polo menos iso foi o que nos contaron. Exactamente coma os Patexeiros. Despois do temporal..outro temporal, e despois outro.... pero virá a calma. Así que xa empezamos o noso particular "Milagro Patexeiro". Xa veredes como volveremos a flotar. Este sábado empezamos polo pequerecho, polo bote auxiliar, que fixeramos entre varios afeccionados alá polo 2005 e co que afundimos o mes pasado. Fibra, si FIBRA DE VIDRIO, xa sabemos que o poliéster non e tradicional, pero e sinxelo e repara os botes. Velaí está Palmeirán logo de enfibrarllo o plan do bote. Tamén se achegaron o Pepe e o Martiño, que foron sacar a dorna do mar , e achicar outros barco (a buceta xa estaba ó límite). Axudados polo noso superheróe Jaime, que como podedes observar ten un sistema térmico doutro planeta. A...

XA TEMOS FOTOS

Imaxe
Coma parece ser que os Patexeiros se nos inclúe desde o punto de vista zoolóxico dentro da especie Homo Sapiens Sapiens, despois de case 10 meses, a nosa intelixencia suprema foi capaz de descifrar o complexo funcionamento do Picasa e do YuoTube, e por fin podemos ofrecervos esas fotos nas que, xa non lembrabades, saíchedes retratados. A estas alturas do artigo, xa vos estaredes preguntando que c. pnta ahí a Ava Gardner. E certo, aparentemente nada de nada. Pero non e así. A Gardner e os Patexeiros temos moitísimas cosas en común. Por exemplo: somos equivalentes zoolóxicamente falando. Ademais, xa tanta foto de barco , xa aburre, había que rechear un pouco con outra cousa para buscar o contraste. Apropósito desta muller, hai unha anécdota dun amante que tivo por alá polo sur, Luis Miguel Dominguín, que disque cando se liaron, o dia seguinte levantouse da cama e cando marchaba preguntoulle ela: - "¿A onde vas, ou ? " E Contestoulle él: - "A Contarllo ós amigos". Case...

A venganza dos Deuses

O dia 13 de Nobembro, ese dia no que se cumpría o xa non sei cal aniversario do temporal que levou o "Prestige", parece que os Deuses, en caso de existir, cebaronse con nós coa sua venganza. Unha surada das mais fortes que se recordan nas últimas datas (agás a do pasado 23 de Xaneiro), levounos prácticamente todos os barcos. A única que aguantou un pouco o tipo foi a dorna "Boaventura", e iso porque o cabo do tira-vira se liou non sei como, e aguantouna. O "Arredemo" fixo resucitar ó morto que o tiña preso e foronse os dous por ahí a dar unha voltiña pola ria. Non foron moi lonxe, se entretuveron rascando outra embarcación, e logo, a descansar contra as pedras. Rescatámolo a tempo e terá arranxo, pero estará unha tempada en terra. O Jaime tamen tivo moi mala sorte. O "Picapeixe" (un Golfiño de fibra de 5 m) deulle a volta, cravou o pau no fango e rachouno. O casco apenas lle pasou nada (menos mal), pero o pau quedou mutilado. Agora ou ben lle...

Chegou o mal tempo por fin

Xa era hora. Xa era moito estirar o verán, e por fin , os primeiros temporais do Outono. A partir de agora, pouco se poderá navegar, o non ser por Internet. E coma non podería ser doutro xeito, xa viñeron os primeiros sustos cos barcos fondeados. Onte, o bote de Francisco marchou por ahí de ruta turística pola ría. Rachou o cabo, e apareceu amarrado a unha boia que non era. Moito mais alá. Non sabemos cómo foi parar alá nin que o atou, pero alá estaba. Así que onte a noitiña, al.a fumos ó rescate. E IMPOSIBLE VOLVER A RECOPILAR TAN MALA SORTE EN UNHA HORA E MEDIA: Collimos o chinchorro, e chegamos ó bote. Lembramos que lle faltaba un tolete e amañamos cun cabiño. E solttámonos da boia, e como non, empezou a zoupar o vento xustiño de proa, e bastante forte. Tanto esforzo fixemos que se levantou o cabiño do remo amañado, e o outro tolete marchou ó mar. Así que entre unha cousa e outro, marchamos para atras, en vez de avanzar. Volvimos a amañar os remos como puidemos, e des...

A Copa "Balbina"

Pois si, xa fixemos a nosa asamblea , e un dos acordos a que se cheguo, foi o cambio do nome da copa. Moito mellor, a verdade. Gracias novamente a Nacho, desta vez pola idea. A COPA "BALBINA" de navegación tradicional, leva camiño de se converter tan famosa e codiciada coma a Copa América. Penso que non pararemos ate que eses frekies da vela, que pasan todo o dia entrenendo e con toda esa tecnoloxía decidadan pasar dese mundo e mercar unha dorna....Algún dia lles será mais interesante. Tamén acordamos que o dia de actividades queda fixado para o sábado. Alí estaremos as 11 da mañán, alí no galpón do C.N.Recreativo, para ir facendo cousiñas e arranxos os dias que chova, e os dias de bo tempo , a navegar. En principio tamén puxemos horario de tarde, as 15 h, por se alguén non pode vir polas mañans. Isto non significa que hai que ir todos os sábados, pero intentaremos estar polo menos algún de nós por alá. E outra cousa importante da que xa vos informamos e que vam...

Xa rematou a Copa Patexeiros 2009

Parabens a Pepe, do "O Sorio" de Ares, polo triunfo acadado nesta primeira edición da Copa Patexeiros. A verdade e que non só gañou varias mangas das probas, senón que ahi estivo con boas ou malas condicios meteorolóxicas, acudindo as citas das regatas unha tras outra. Iso e, Pepe, esa e a filosofía que queriamos premiar, non so chegar de primeiro. Manter vivas as embarcacions e non apodrecendo nun museo (nin moito menos na ria). Idemamos este trofeo para presentar como un reto, a ver quen llo quitaría a Sada, a ver en que ano será.... Pois mirade: no primeiro xa. O mito durou menos ca unha miga de pan nun banco de muxos do porto. E que non nos deu tempo nin a aprender a velear. Pero estamos encantados coa participación de todos /as, e do interese que espertou. Ahí tedes a clasificación final, e ainda que pode que haxa algún erro nas puntuacións doutras concentracions, velahí podedes ver a cantidade de xente que pasou por Sada neste verán embarcada en maderira. http://sites.g...

A última regata en Sada

Imaxe
E Xa pasou o verán. Ou polo menos poucos foguetes quedan por botar. A serie das catro regatas cooorganizadas co C.N Recreativo xa remataros por esta tempada. O Pasado dia 22, celebramo-la última, cun tempo excelente e moi boa participación. Desta, os de Redes non puideron vir, por teren unha festa alá, o desembarco Pirata. Os que sí nos visitaron foron os amigos Da Coruña co seu precioso "Punta Pregueira", un galoón de 8 metros de eslora que veu a Sada e participou na regata. Tan Só falta a "Parrocheira" de Ferrol coma proba puntuable, pero matemáticamente xa hai vencedor da Copa Patexeiros 2009: PEPE DO "O SORIO" de Ares. A verdade e que foi lider durante toda a competición, e no tramo final non ía ser menos. Parabens a Pepe, e en xeral a todos os participantes que dun xeito ou outro foron puntuando. velahí podedes ver a clasificación de todas as regatas, faltando tan só os 3 puntos dos que participen na Parrocheira de Ferrol. http://sites.google.com/si...