Publicacións

O X Encontro segue dando moito que falar, ¡¡¡e que cobrar!!!

Imaxe
Ben, como sabedes moitos de vós, tras a celebración do X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que tivo lugar este ano en Carril, quedaron moitos flecos pendentes. Tantos como 21.000 flecos que o Concello de Vilagarcía non aportou para a celebración do Encontro e que tiña comprometido que así o fixera. Pero o cambio de goberno deixou o tema no aire. Para os que queirades máis información sobre o tema remítovos á nova da páxina da FGCMF dónde se dá conta do tema . A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, da que Os Patexeiros tamén somos membros, decidiu asistir ó pleno que este pasado luns se celebrou no Concello de Vilagarcía, para dar a coñecer a súa postura e intentar que no pleno se aprobase que o Concello asumira a deuda que ten contraída coa Federación. E así foi, varios compañeiros da Federación asistiron ó pleno. Pois ben, se queredes saber o resultado, vos remito de novo á páxina da FGCMF para ver o desenlace deste primeiro contacto, tras o Enco...

Cuarta xornada do curso

Imaxe
Cuarta xornada do curso de carpintaría de ribeira Este sábado foi o cuarto día do curso de carpintaría. O tema de hoxe tratou de como obter os cartabóns das cadernas sobre o taboleiro de formas. David encargouse de facer unha descripción teórica de por qué as cadernas non van cortadas en ángulo recto e despois os alumnos fixeron prácticas sobre o taboleiro de formas axudados por Pepe. De III Curso de carpintaría de ribeira Os que estedes interesados nunha descripción do proceso recoméndovos que visitedes a explicación que dimos anteriormente neste blog . Durante o descanso estivemos a conversar sobre o temporal que se prevé para mañán e David deulle unha explicación sobre meteoroloxía a un par de interesados (hai algo que non saiba este tipo?). De III Curso de carpintaría de ribeira Continuamos a xornada facendo unha caderna para practicar o aprendido. Un xenol foi tallado á man e o outro cortado coa serra de cinta. Comezouse cortando as pezas de carballo de maneira a...

3º DÍA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Este pasado sábado cheguei un pouquiño tarde á xornada do Curso de carpintaría, así que vos vou a narrar o que fixemos a partires das 6 da tarde. Por fin chegou o momento tan desexado de empezar a construir a buceta. Pepe sacou as plantillas e alá nos puxemos ó asunto. Empezamos polo codastre ou como lle chaman algúns nesta embarcación a roda de popa, e a parte de popa da quilla.  O primeiro foi marcar as plantillas nunha peza de carballo que se prestara polas súas formas. Vai a ir en pezas xa que non tiñamos unha peza tan grande de carballo para facela enteira. Logo Pepe se encargou de cortalas na serra de cinta coa axuda de dous compañeiros, debido ó voluminoso das pezas. Pasáronse pola mesa cepilladora para alisar unha das caras e logo se meteron na regruesadora para darlle o ancho definitivo. Utilizando as plantillas, marcáronse as líneas onde van a ir as cadernas.   Como hai que unir a peza da quilla co codastre, tamén aprendemos a facer...

UN FEIXE DE NOVIDADES

Imaxe
Esta semán foi moi prolífica en novas para Os Patexeiros. COPA BALBINA - ÚLTIMA REGATA O pasado sábado día 24 tiña lugar frente á praia de Sada a última regata correspondente á Copa Balbina de vela tradicional. Os barcos participantes nesta regata foron o Arxil, Osorio, Alivanta, Reina de Africa, Boaventura, Desexada e Arredemo. Ante a falta de vento decidéuse dar unha volta soa, e se logo se levantaba, daríamos outra manga. O vento non chegaba e o pouco que había rolaba contínuamente. Douse a saída e o Arxil con un único tripulante saeu como un raio, seguido polo Alivanta, Osorio e Reina de Africa. Jaime e máis eu, a bordo da Boaventura non dábamos atopado o vento para sair. A poucos metros da saída, un incidente entre Osorio e a Reina de Africa tivo como resultado a rotura do botalón do Osorio, cousa que non impideu a Pepe coller de novo a terceira praza. O Arxil e o Alivanta optaron por tomar rumbo a Gandarío mentres que o resto tomamos rumbo á rampa d...

CURSOS DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA - 3ª EDICIÓN

Imaxe
O vindeiro sábado 1 de outubro ás 4 da tarde (16:00), na Carpintaría Lorbé - Oleiros (A Coruña), daremos comenzo á 3ª Edición dos Cursos de carpintaría de ribeira que organizamos dende a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros . Tras o grande éxito da primeira e da segunda edición, os asistentes nos pediron facer un curso máis a fondo polo que éstes da 3ª edición os deseñamos da seguinte maneira: - Dous módulos de 50 horas cada un: Un de iniciación e outro de perfeccionamento. Total 100 horas - Os asistentes poderán inscribirse nun ou nos dous módulos. - O cupo, como nos anteriores, será limitado a 15 asistentes. - As inscricións serán por riguroso orden de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com  - En caso de moita demanda, terán preferencia os inscritos para os dous módulos. - Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais. - Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica. - Como obxectivo do curso, levaremos adi...

ULTIMA REGATA DA COPA BALBINA DE VELA TRADICIONAL - SABADO 24 DE SETEMBRO

Imaxe
Este sábado 24 de setembro ás 5 da tarde (17:00) terá lugar frente a praia de Sada (A Coruña) a última regata da Copa Balbina 2011 de Vela Tradicional. Un referente da vela tradicional no Golgo Ártabro. Ó final da proba agasallaremos a todos os participantes desta regata cunha merendola a base de pinchos e algo para mollar a palleta. ¡¡¡e algo máis haberá!!! Esperemos que os nosos barcos poidan facer un bo papel na regata, ainda que imaxinamos que o Osorio virá a matar. Queremos dar as gracias por anticipado a todos os asistentes e colaboradores xa que sin eles esta Copa Balbina non sería posible. Agradecementos como non ó Club Náutico Recreativo de Sada por colaborar na loxística das probas. Vémonos o sábado as 5 da tarde. Sede puntuais. Palmeirán

UNHA BUCETA DO NORTE RECUPERADA

Imaxe
Os amigos do C.N.Punta Bufadoiro de Mera están recuperando unha buceta do norte, que penso será o seu primeiro barco da sección de embarcacións tradicionais. Xa foi alá por finais de xaneiro do 2010 que me atopaba eu dando unha volta polo Portiño cando me fixei nunha buceta que parecía que iba a acabar como acaban moitos destes barcos. E alí lle tirei unhas fotos. E este era o seu estado a principios do 2010. Pasou o tempo e a finais de marzo do 2011, con motivo da organización dunhas xornadas sobre o Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro, conxuntamente co C.N.Punta Bufadoiro e o GAC do Golfo Ártabro, enterámonos que os amigos de Mera se fixeran con dúas bucetas a Lolita e a Amalia, a mesma buceta que vira eu no Portiño algó máis dun ano antes. Este era o seu estado cando chegou ó estaleiro de Pepe en Lorbé a quen lle encargarían a súa recuperación. A Lolita consideraron que non pagaba a pena recuperala, pois estaba moi deteriorada, pero encomendáronlle a Pepe o traballo...