ULTIMA REGATA DA COPA BALBINA DE VELA TRADICIONAL - SABADO 24 DE SETEMBRO


Este sábado 24 de setembro ás 5 da tarde (17:00) terá lugar frente a praia de Sada (A Coruña) a última regata da Copa Balbina 2011 de Vela Tradicional. Un referente da vela tradicional no Golgo Ártabro.

Ó final da proba agasallaremos a todos os participantes desta regata cunha merendola a base de pinchos e algo para mollar a palleta. ¡¡¡e algo máis haberá!!!

Esperemos que os nosos barcos poidan facer un bo papel na regata, ainda que imaxinamos que o Osorio virá a matar.

Queremos dar as gracias por anticipado a todos os asistentes e colaboradores xa que sin eles esta Copa Balbina non sería posible.

Agradecementos como non ó Club Náutico Recreativo de Sada por colaborar na loxística das probas.

Vémonos o sábado as 5 da tarde. Sede puntuais.

Palmeirán

Comentarios

  1. Olá:

    Rapaces, o cartaz da copa racha coa pana. Ten un toque retro que evoca os vellos tempos da web, cando os gifs animados eran o colmo do bo gusto (ou non?).

    ;-P

    Gracias polo curre que vos pegades co da copa.

    Apertas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog