4ª Xornada do Curso de carpintaría
Este sábado 26 de novembro tivo lugar unha nova xornada do Curso de carpintaría de ribeira que organizamos. Outra mañán de aprendizaxe e traballo en Lorbé. Desta, aproveitando o bo tempo, o mestre fíxoos sair fora, a traballar un pouco na Balbina, para que viran o que é meter unha táboa nun barco de porte. Ensinóulles a frasquiar un par de táboas e deixáronas colocadas. Mentras, outro grupo seguía traballando no bote polbeiro, colocando os barraganetes. Continuaremos este vindeiro sábado, a ver con que nos sorprende o mestre.