4ª Xornada do Curso de carpintaría
Este sábado 26 de novembro tivo lugar unha nova xornada do Curso de carpintaría de ribeira que organizamos.
Outra mañán de aprendizaxe e traballo en Lorbé.
Desta, aproveitando o bo tempo, o mestre fíxoos sair fora, a traballar un pouco na Balbina, para que viran o que é meter unha táboa nun barco de porte.
Ensinóulles a frasquiar un par de táboas e deixáronas colocadas.
Mentras, outro grupo seguía traballando no bote polbeiro, colocando os barraganetes.
Continuaremos este vindeiro sábado, a ver con que nos sorprende o mestre.

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com