Publicacións

Vento nas velas e biodiversidade no Golfo Ártabro

Imaxe
  Este sábado tivemos a sorte de participar nunha magnífica xornada de observación da fauna do Golfo Ártabro, unha actividade organizada por ADEGA e a Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros, aberta ao público e de carácter gratuíto mediante inscrición previa. A actividade contou coa participación de boa parte da frota dos Patexeiros, converténdose nun auténtico éxito de convocatoria e demostrando, unha vez máis, o interese que existe por coñecer e valorar o noso patrimonio natural e marítimo. Ao longo da mañá tivemos o privilexio de contar coas explicacións de Xandro, quen nos acompañou tanto a bordo das embarcacións tradicionais como desde o pantalán. Grazas ao seu amplo coñecemento puidemos descubrir moitos aspectos da rica biodiversidade do Golfo Ártabro, prestando especial atención ás aves mariñas e aos cetáceos que habitan ou transitan polas nosas augas. Pero a observación non se limitou á fauna máis visible. Tamén aprendemos sobre toda esa vida máis discreta que forma ...

Xa está en marcha o crowdfunding do Ecomuseo a Flote!

Imaxe
 Hoxe damos un paso moi importante para facer realidade un proxecto no que levamos moito tempo traballando: o noso Ecomuseo a Flote . Xa está activa a campaña de crowdfunding en Goteo para axudarnos a poñer en marcha este museo mariñeiro vivo sobre a auga, un espazo pensado para conservar, mostrar e facer navegar o patrimonio marítimo tradicional de Sada e do Golfo Ártabro. O proxecto inclúe a recuperación e exposición de embarcacións tradicionais, actividades divulgativas, experiencias inmersivas, talleres e moitas máis iniciativas relacionadas coa cultura mariñeira e a carpintería de ribeira. Para nós é moito máis ca un museo. É unha forma de manter viva a nosa historia, o noso mar e a memoria das persoas que viviron del. Se queredes colaborar, compartir ou simplemente botarlle un ollo ao proxecto, podedes facelo aquí: 👉 Campaña de crowdfunding do Ecomuseo a Flote Cada pequena achega axúdanos a seguir navegando. Grazas por formar parte desta travesía.

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS NOSAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Imaxe
  O proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” está a piques de rematar. Este proxecto, premiado nos proxectos de desenvolvemento pesqueiro e xestionado polo GALP Golfo Ártabro Sur , puxo en valor as nosas embarcacións e axudou a conservalas. Fixéronse varias actividades de dinamización vencelladas ás nosas embarcacións, como unha ecoregata en Sada , na que recollimos unha gran morea de lixo. Tamén fixemos un curso de vela tradicional especialmente dedicado a mulleres , para favorecer a igualdade na vela tradicional. Ademais, impartimos un curso de enxarcias tradicionais , no que aprendemos moito sobre os elementos das arboladuras das nosas embarcacións. Ademais, fomentamos a carpintaría de ribeira , declarada BIC (Ben de Interese Cultural) , levando a cabo a reparación de tres das nosas embarcacións mediante técnicas de carpintaría tradicional nun asteleiro dos poucos que quedan en Galicia no que se traballa a carpintaría de ribeira.

Curso de Enxarcias Tradicionais

Imaxe
       Os días 11 e 18 de outubro celebramos o Curso de Enxarcias Tradicionais , unha actividade enmarcada no proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” , premiado na convocatoria de axudas ao desenvolvemento pesqueiro e xestionada polo GALP . O curso contou cunha sesión teórica a través da aula virtual , que proporcionou aos participantes unha ampla base de coñecementos sobre os materiais, técnicas e historia das enxarcias tradicionais. A experiencia foi un éxito de participación , con gran interese e implicación por parte de todas as persoas asistentes. Durante as sesións prácticas aprendemos a facer gazas, estrobos, vigotas, motóns simples e dobres , así como técnicas básicas de carpintería e trenzado de cabos . Ademais, puxemos en práctica o aprendido arbolando unha embarcación completa con vela cangrexa e foque . Unha iniciativa que contribúe á posta en valor e á transmisión dos oficios mariñeiros tradicionais , fundamentais par...

Rumbo á igualdade

Imaxe
  Rumbo á igualdade: éxito do curso básico de vela tradicional para mulleres Os pasados 20 e 27 de setembro celebramos o Curso Básico de Vela Tradicional para Mulleres “Rumbo á Igualdade”, unha iniciativa organizada pola A.C.M. Os Patexeiros coa colaboración de diferentes institucións, e que tivo unha acollida extraordinaria, e dentro do proxecto premiado no GALP "Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais." En total participaron 16 mulleres, que durante dúas xornadas intensas de teoría e práctica tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación tradicional, coñecer as nosas embarcacións e gozar do mar compartindo experiencias. O curso contou tamén cunha aula virtual, na que as alumnas puideron acceder a materiais de apoio sobre temas fundamentais como: -Introdución á igualdade e o papel da muller na náutica de recreo. -Nocións básicas sobre que é un barco e os principios da navegación a vela. -As embarcacións tradicionais de Galicia. -Seguridade ...

Os Patexeiros volvimos á Parrocheira

Imaxe
 Onte, Os Patexeiros fomos por mar a Ferrol para participar na tradicional regata da Parrocheira no Porto de Curuxeiras. Na nosa expedición levamos os barcos O Patexo, o Canouro e o Bote de Pao , e realizamos a travesía desde Sada pola mañá, nunha ría con fondo de mar bastante notable, con ondas de 2 a 3 metros , pero as nosas embarcacións navegaron de marabilla. Durante a regata, como é habitual, volveu quedar de primeiro o Lagunak e de segundo Brais , co barco “O Neto do Osorio” , pero nós estivemos aí co Canouro , disfrutando da competición e do ambiente festivo. En calquera caso, foi unha xornada excelente , cunha navegación preciosa pola Ría de Ferrol , e unha celebración que mantén viva a tradición mariñeira do barrio de Ferrol Vello.   Este ano o Xamón non o tivo directamente o primerio clasificado, se non que foi por sorteo. E tocoulle a Brais, o segundo clasificado. Nunca estivemos mais cerca de acadar ese codiciado premio do Xamón !!!

Exito na ecoregata dos Patexeiros

Imaxe
 O pasado sábado 6 de setembro de 2025 tivo lugar en Sada a ecoregata organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros. A xornada combinou tradición marinera e conciencia ambiental, converténdose nunha actividade de gran éxito de participación. Durante a mañá, os participantes traballaron en equipos para recoller residuos do litoral, utilizando embarcacións tradicionais como dornas, chalanas, botes e  botes de media construcción. A recollida non se limitou só a plásticos, senón que se atoparon todo tipo de obxectos curiosos e peculiares, que foron catalogados e fotografados para deixar constancia do traballo realizado. O entusiasmo dos asistentes e a colaboración de veciños e visitantes fixeron que a xornada fose un auténtico éxito. Ao rematar, todo o lixo recollido foi depositado no mini punto limpo de Sada, garantindo unha correcta xestión dos residuos e promovendo o respecto polo medio ambiente. A ecoregata de Os Patexeiros non só logrou limpar a costa, senón ta...