Exito da segunda regata da Copa "Patexeiros"


Así foi, o pasado dia 25, un Sábado festivo non só pola data senon polo bo tempo que fixo, pasámolo ecuador da nosa competición e xa celebramos a segunda das catro regatas programadas para este verán.
Asistimos seis barcos, catro de Ares e dous de Sada, dos Patexeiros. Non puidemos repetir o éxito da regata de Redes, onde quedamos pola mitade, e aquí ocupamos a 5 e 6 praza. E mellor dicilo así que último e penúltimo.
O que si repetimos foi a manga, un Barlo-sota que tal e como estaba o dia foi para repetir, así que desta vez hai que sumar 6 puntos na clasificación xeral para os vencedores das mangas.
E ademais de competir, fixemos unha pequena "xornada de portas abertas", xa que socios do Clube Recreativo se atreveron a probar a vela latina.
Esperemos que para a seguinte , que e o dia 8 as 5 da tarde, vos animedes todos os que poidades a vir. Para esa, a ver se podemos facer duas mangas, tamén e incluso repartir unha "gaseosas" entre manga e manga.
En canto poidamos, actualizaremos a clasificación na folla Excell da páxina, pero de momento, ahí vai o resultado destas duas mangas do dia 25:
1ª Manga:
1- "Osorio" (Bote Latina e foque). C.N. Ares
2- "Arxil"(Bote Latina e foque) C.N. Ares
3- "Alivanta" (Bote de Ribadeo) C.N. Ares
4.- "Teresa" (Dorna con cangrexa e foque) C.N. Ares
5- "Arredemo" (Bote polbeiro) A.C. Os Patexeiros
6- "Boaventura"(Dorna con vela de relinga) A.C. Os Patexeiros
2ª Manga:

1.- "Teresa"
2- "Osorio"
3- "Alivanta"
4- "Arxil
5- "Arredemo"
6- "Boaventura"(DNF)
Coma sempre, lembraremos que realmente o importante e participar, e xa sabedes que o vindeiro sábado será a concentración da A.A.E.T.G, os nosos amigos do Galeón "Punta Pragueira" e a buceta "Punta Fiateira", na Coruña, No C.M. O Puntal, na praia de Oza, así que para o que se anime a ir a participar por alá, tamén sumará outros 3 puntiños para a clasificación da Copa.
Así que xa que non podemos ganarlles ós de Ares por velocidade.. ¿que tal se o intentamos por perseverancia?

Comentarios

  1. Estades a facer un gran traballo, pouco a pouco chégase lonxe.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com